lunes, 5 de mayo de 2008

NOTA DE PRENSA DO CLUB LONDRA NA XII EDICIÓN DA FESTA DA TROITA EN SIGÜEIRO

Ano tras ano e fieles a cita de Sigüeiro, os representantes do Club LONDRA de Rois, destacanse neste concurso de pesca. María Manuela Freire Pazos foi a gañadora en categoria Damas e ademais fixose coa cuarta posición na clasificación xeral do concurso presentando seis troitas no control de pesaxe, mentras que José María Blanco Otero consigueu a peza mais grande, unha troita de 32 centimetros. Ante un millar de persoas que abarrotaban o recinto feiral, recibiron os premios de mans das autoridades presentes, entre as que se encontraban o Concellal de Medio Ambiente e o Teniente de Alcalde do Concello de Rois, os cales felicitaron os premiados, loubando os éxitos e a participación deste Clube que da a coñecer o Concello de Rois por toda a Comunidade Autónoma no mundo da pesca deportiva, logrando numerosos éxitos o longo da tempada de pesca en todas as súas categorias.

A directiva do Clube felicita os premiados e anima a participar cada vez mais activamente a todos os seus asociados nestes eventos, promocionando así a pesca deportiva. Tamén agradece o trato recibido por parte da organización, que ano tras ano mellora considerablemente.

A próxima cita será o día 11 de maio no VII Campeonato de pesca Concello de O Pino.



MARIA MANUELA FREIRE PAZOS CAMPEONA NA CATEGORIA DAMAS E CUARTA NA CLASIFICACIÓN XERAL XUNTO A JOSE MARIA BLANCO OTERO QUE CAPTUROU A PEZA MAIOR.

No hay comentarios: