jueves, 16 de octubre de 2014

VIII CAMPEONATO SURFCASTING AGROPESCA

Estimados compañeros,
os adjuntamos el Cartel del VIII Campeonato de Surf Casting que organizan nuestros compañeros y amigos de la Tienda Agropesca, Fene.
Para cualquier duda, tenéis en el Cartel la dirección de correo electrónico y numero de teléfono de la tienda. 
Esperamos contar con vuestra participación.

Un saludo.

Asociación Deportiva Peña O Rodaballo
López de Figueroa, 34 - Bajo 6
15406 Ferrol
A Coruña
Telefono: 648816707
Correo: rodaballoferrol@gmail.com

Facebook: Peña O Rodaballo.

EXCEPCIONAL FIN DE SEMANA PARA O CLUB.

Este pasado fin de semana o Club participaba en tres competicións. Dúas tiñan lugar o sábado  en Viveiro, os Campionatos autonómicos na modalidade de mar-costa, tanto en categoría absoluta como en categoría xuvenil. A outra celebrábase o domingo co motivo das festas do San Froilán en Lugo. Ainda que as expectativas eran altas, en ningún caso o eran tanto como foron os resultados finais. En primeiro lugar remataba o Campionato autonómico mar costa na categoría xuvenil, aquí empezaban as boas novas xa que César Orol acadaba unha mais que meritoria  terceira praza na clasificación final. 



Logo remataba a competición na categoría absoluta e outras dúas boas novas David Barreiro coa cuarta praza na clasificación final e Santi Vieito coa sétima praza acadaban a clasificación para participar no vindeiro Selectivo da modalidade. O noso terceiro participante José Lago acadou o posto 16.

Xa  para  rematar, o  domingo en  Lugo no Trofeo de pesca  San Froilán, o podio do Campionato estaba totalmente ocupado polos mais novos do Club. 
1ª María Rey,   2ª Diana Iglesias,   3º Martín Mosquera,   4ª Patricia Iglesias,   5ª Paula Iglesias
En resumo, fin de semana para enmarcar. Agardamos que haxa moitos mais. Noraboa a todos eles.






martes, 30 de septiembre de 2014

O CLUB DE PESCA DO BARBANZA ACADA OS PRIMEIROS POSTOS DO CAMPIONATO AUTONÓMICO BLACK BASS BEIRA 2014

28 de setembro,  unha cita obligada para o Club, Campionato Autonómico Black Bass Beira. Os nosos representantes tentaban seguir o seu idilio con este peixe, que ainda que habita no encoro de Castrelo de Miño,  parece criado na península do Barbanza polo domesticado que o temos. A expedición contaba con 7 participantes en categoría absoluta e 8 en categoría xuvenil, o cal indica o tirón que ten este peixe xa entre os membros mais novos da sociedade. A mala costume de ver sempre á maioría dos nosos compañeiros nos postos altos da clasificación fixo que, quizais algún se confiara un pouco. Rematada a primeira manga as cousas non pintaban nada ben, só dous dos nosos compañeiros lograban capturas, Jesús Bolaño que se atopaba na terceira praza e José Manuel Rey na cuarta. A tarde iniciábase con moitas dúbidas e sobre todo con moita presión, e ainda sendo moi complicado puntuar na manga da tarde, de novo voltaron a pescar José Manuel Rey, que fixo un segundo posto, e Jesús Bolaño que fixo un cuarto. A eles esta vez engadíronse Tono que acadou o terceiro posto na segunda manga e Sergio Vieites que se fixo coa sétima praza. Os postos da tarde confirmaron outra vez o dominio do Club nesta modalidade. José Manuel Rey fíxose coa primera praza na clasificación final e Jesús Bolaño  baixou un escalón acadando a segunda posición, despois de catro anos consecutivos acadando a primeira praza. Un ano mais o Club aportará dous membros á Selección Galega no vindeiro Campionato de España para o ano 2015.   No apartado xuvenil, e por terceiro ano consecutivo Daniel Rey acadou a primeira posición (pero ollo, xa que se competira na categoría absoluta tamén se faría co primeiro posto), Sara Valle fíxose coa segunda, e Diana Iglesias a terceira, con Martín Mosquera en cuarta posición. Hai futuro, hai canteira, que se preparen os black bass.







lunes, 1 de septiembre de 2014

NOVO ÉXITO PARA O CLUB, JOSÉ MANUEL FERNÁNDEZ CLASIFICADO PARA O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CORCHEO MAR


Un novo éxito para o Club. Esta vez da man do noso compañeiro José Manuel Fernández Rodríguez, que acadou a clasificación para o Campionato de España na modalidade de Corcheo Mar, o clasificarse na terceira posición no Selectivo da especialidade que tivo lugar, o pasado 24 de agosto, no porto do Berbés en Vigo. 
Noraboa José Manuel, e sorte no Campionato de España que terá lugar en Gandía (Valencia) do 5 ó 7 de Setembro.


martes, 12 de agosto de 2014

OUTRO ÉXITO MÁIS DO CLUB, JESÚS MARTÍNEZ CARBALLO CAMPIÓN GALEGO DE AUGA DOCE 2014


 Este pasado domingo tiñan lugar as dúas últimas mangas do Campionato Autonómico de auga doce 2014 que tivera o seu arranque 15 dias antes no encoro de Vilasouto. Esta vez o encoro de Portomarín sería o escenario, e alí participaban representado ó noso Club dous dos nosos socios, José Manuel Rey e Jesús Martínez Carballo. Este último viña de realizar dúas mangas impecables, obtendo en cada unha delas o primeiro posto no seu sector. Neste segundo día o que fixo foi o mesmo, un primeiro de sector en cada manga, como resultado o primeiro posto na clasificación final e ademais o ascenso ó Selectivo. José Manuel obtivo un meritorio 7º posto. Os dous pelexarán dentro duns días por obter unha  praza para o vindeiro Campionato de España e por manterse no Selectivo da modalidade. Noraboa e sorte nese vindeiro compromiso.



viernes, 25 de julio de 2014

"XXXL FESTA DO ESCALO" E NOVO EXITO DO CLUB DE PESCA DO BARBANZA

 O pasado domingo día 20 tivo lugar en Chaian, como ven sendo tradicional dende hai 40 anos, a Festa do escalo co seu correspondente concurso de pesca. O día presentábase indeciso no apartado meteorolóxico e as augas baixaban turbias con un río que presentaba bastante caudal. Ainda así un ano mais os nosos socios mais novos participaron no campionato. Non tardaron moito tempo en adapatarse ás circunstancias e tomárlle a mediado ós peixes tal como se pode ver no resultado final.

Categoría Masculina Xuvenil:

1º Alejandro Valle Torres   BARBANZA
2º Daniel Rey García         BARBANZA
3º Martín Mosquera           BARBANZA

Categoría Feminina Infantil:

1ª María Rey García           BARBANZA
2ª Sara Valle Torres           BARBANZA
3ª Diana Iglesias Mirás       BARBANZA
4ª Claudia Lage García      BARBANZA