lunes, 18 de abril de 2016

FIN DE SEMANA PARA RECORDAR

Bo fin de semana para o noso Club,

Comezaremos polas participacións individuais,

D. Jesús Bolaño 4º Clasificado no prestixioso OPEN DO XALLAS, nosa máis sincero parabén.

D. Andres Romeu 9º Clasificado no Campionato de España de Pesca dende Rocha, gran actuación, sendo o segundo galego na Clasificación.

E o mesmo sábado, o noso Club logrou en apretadísima pugna un meritorio Segundo posto, empatados a puntos co Primeiro Clasificado, o laureado Club RIOMAR 2008, a quenes felicitoamos sinceramente dende aquí, e tamén aproveitamos para felicitar aos nosos representantes, Capitán, incansable, estarao a pagar, Control e especialmente a Samuel, que na súa primeira actuación oficial móllounos a orella a case todos, con dous segundos que o elevaron á 7 praza individual, a excepción do compañeiro Pernas cunha meritoria 5 praza. E , como non, agradecer o gran apoio mostrado polos nosos socios antes, durante e tras a Competición.