sábado, 23 de abril de 2011

VIII CAMPEONATO DE PESCA “CONCELLO DE ROIS”














Este Venres Santo vén de disputarse o VIII CAMPEONATO DE PESCA “CONCELLO DE ROIS” organizado polo Club LONDRA.
Trinta e dous pescadores déronse cita para disputar esta proba no couto de Rois que se podía resumir en tres palabras, camaradería, deportividade e poucas troitas, esta última é a tónica xeral de todos os ríos de Galicia, á que o Rois non é alleo, onde despois de un mes de tempada. as esperanzas dos pescadores vense mermadas a medida que transcurre esta. O couto de Rois, xa difícil de pescar por ser un río moi técnico e de augas cristalinas, añadeselle esta tempada as poucas capturas que se realizan tanto a cucharilla como a cebo natural, mentres que os que practican a pesca con cola de rata están a capturar troitas sobre todo con ninfa e en menor medida a mosca seca.
Disputouse o campeonato en dúas mangas de dúas horas cada unha delas, tendo entre estas unha hora para descansar e cambiar o control. A modalidade foi a de Lance sin morte, para o cal CUCHARILLAS EDU, puxo a disposición dos pescadores un lote de cucharillas. Capturáronse un total de dezaseis troitas que logo de medilas se devolveron a ó seu medio natural en perfecto estado, arroxando o final da proba a seguinte clasificación:

CATEGORIA SENIOR MASCULINO:
1º- JOSÉ RABUÑAL CAAMIÑA. (Club LONDRA)
2º- JOSÉ EIRAS RODRÍGUEZ. (Club LONDRA)
3º- JOSÉ OTERO REBOREDO. (Club LONDRA)
4º- CARLOS TORRADO BARROS. (Club LONDRA)
5º- JOSÉ M. DIEGUEZ FREIJEDO. (A.D.N. RIBADAVIA)
6º- MANUEL LÓPEZ GONZÁLEZ. (PONTEMOAMAR)
7º- JOSÉ Mª BLANCO OTERO. (Club LONDRA)
8º- JOSÉ DEL RÍO SOMOZA. (Club LONDRA)
9º- IVAN GESTOSO REY. (Club LONDRA)
10º- DAVID ALVAREZ LORENZO (PONTEMOAMAR)
11º- JOSÉ MANUEL REY GARCÍA. (O RANQUEIRO)
12º- MANUEL CRISTOBO BALADO. (Club LONDRA)

CATEGORIA DAMAS:














1ª- YESSICA MOLDES OJEA. (PONTEMOAMAR)
2ª- MELANIE GESTOSO REY. (Club LONDRA)
3ª- CECILIA ABOY FABEIRO. (Club LONDRA)

CATEGORIA XUVENIL:














1º- MARTIN SECO VELO. (Club LONDRA)
2º- CRISTIAN FERREÑO COMESAÑA. (A.D.N. RIBADAVIA)
3º- IVAN BLANCO TARRIO. (Club LONDRA)

PREMIO A PEZA MAIOR.
JOSÉ EIRAS RODRIGUEZ. (29 cm) (Club LONDRA)

PREMIO PESCADOR MAIS VETERÁN:
MANUEL REY RODRÍGUEZ. (Club LONDRA)

O Xuiz da proba, D. Luis Piñeiro Mirás, corroborou dita clasificación o que dou paso ó xantar de confraternidade, onde pescadores e acompañantes departiron as anécdotas que deparou esta xornada, no transcurso do cal entregáronse os premios ós mellores clasificados por parte das autoridades presentes, houbo agasallos de participación para todos e sorteouse material de pesca entre os asistentes. Tamén neste campeonato se lle rendeu homenaxe a D.José García García, ex-vicepresidente da Federación Galega de Pesca, no que se lle reconoceu a súa traxectoria neste cargo e a labor levada a cabo en prol da pesca deportiva en Galicia, entregándolle por parte do Presidente do Club LONDRA, Antonio Gestoso Miguéns, unha placa conmemorativa.

Seguidamente procedeuse a clausurar dito campeonato, agradecendo a presencia das autoridades locales e federativas, a participación de varias Sociedades de pesca, a deportividade dos pescadores, a colaboración de Protección Civil de Rois e das distintas casas comerciales de Rois, Padrón, Santiago de Compostela, Boiro, Ribeira e a Coruña, así como a todos os medios de comunicación que difundiron e difunden sempre as actividades que o Club LONDRA de Rois leva a cabo.

CAMPIONATO PROVINCIAL SALMONIDOS LANCE A CORUÑA 2010

David Rial Rodríguez acaba de conseguir o pasado domingo 17 de abril un sensacional terceiro posto no Campionato provincial na modalidade de salmónidos lance. Esperemos que siga acadando exitos no vindeiro autonómico.


CAMPIONATO AUTONÓMICO CORCHEO-MAR

O pasado 10 de abril celebrouse no espigón do porto de Ribadeo o Campionato autonómico de corcheo mar, no cal participaba o noso Club. Os catorce primeiros clasificados pasan a formar parte do selectivo desta modalidade, que terá lugar no porto de A Coruña o vindeiro 17 de maio. Esperemos que para esa data o noso Club teña un membro mais dentro dos selectivos galegos.










viernes, 15 de abril de 2011

4º CAMPIONATO SOCIAL MAR-COSTA 2011




















ALGUNHAS ACLARACIONS
Para os que non estiveron no anterior social, propúxose facer o campionato con algo de noite, pois o de Razo foi todo o tempo de día. (é por esto o cambio de horario)

Os que non se anoten no prazo, NON PUNTUARÁN NO SOCIAL (Esto tamén se falou na cea posto que a xente anótase fora de prazo e se o fai un non pasa nada, pero últimamente eran “moitos uns”, e así para organizar é un lio). Asi que, hai que anotarse DO 25 DE ABRIL O 1 DE MAIO CHAMANDO A: José Manuel 646477118, David Barreiro 659768274 ou Pilar Rey 686103921. (Se enviádes un correo electrónico eu contesto para que sepades que recibín o correo e que estades anotados, pero recordade indicar nome e apelidos, que eu non teño as direccións de correo da maioria).

A concentración é ás 18:00h. no Bar Praia da Serra, en LANGOSTEIRA. Para o sorteo de postos, prégase puntualidade dado que pode haber cambio de praia. Se non están os participantes unha man inocente sacará o seu número.
A DELEGADA DE MAR
Pilar Rey Silva.