martes, 30 de septiembre de 2014

O CLUB DE PESCA DO BARBANZA ACADA OS PRIMEIROS POSTOS DO CAMPIONATO AUTONÓMICO BLACK BASS BEIRA 2014

28 de setembro,  unha cita obligada para o Club, Campionato Autonómico Black Bass Beira. Os nosos representantes tentaban seguir o seu idilio con este peixe, que ainda que habita no encoro de Castrelo de Miño,  parece criado na península do Barbanza polo domesticado que o temos. A expedición contaba con 7 participantes en categoría absoluta e 8 en categoría xuvenil, o cal indica o tirón que ten este peixe xa entre os membros mais novos da sociedade. A mala costume de ver sempre á maioría dos nosos compañeiros nos postos altos da clasificación fixo que, quizais algún se confiara un pouco. Rematada a primeira manga as cousas non pintaban nada ben, só dous dos nosos compañeiros lograban capturas, Jesús Bolaño que se atopaba na terceira praza e José Manuel Rey na cuarta. A tarde iniciábase con moitas dúbidas e sobre todo con moita presión, e ainda sendo moi complicado puntuar na manga da tarde, de novo voltaron a pescar José Manuel Rey, que fixo un segundo posto, e Jesús Bolaño que fixo un cuarto. A eles esta vez engadíronse Tono que acadou o terceiro posto na segunda manga e Sergio Vieites que se fixo coa sétima praza. Os postos da tarde confirmaron outra vez o dominio do Club nesta modalidade. José Manuel Rey fíxose coa primera praza na clasificación final e Jesús Bolaño  baixou un escalón acadando a segunda posición, despois de catro anos consecutivos acadando a primeira praza. Un ano mais o Club aportará dous membros á Selección Galega no vindeiro Campionato de España para o ano 2015.   No apartado xuvenil, e por terceiro ano consecutivo Daniel Rey acadou a primeira posición (pero ollo, xa que se competira na categoría absoluta tamén se faría co primeiro posto), Sara Valle fíxose coa segunda, e Diana Iglesias a terceira, con Martín Mosquera en cuarta posición. Hai futuro, hai canteira, que se preparen os black bass.







lunes, 1 de septiembre de 2014

NOVO ÉXITO PARA O CLUB, JOSÉ MANUEL FERNÁNDEZ CLASIFICADO PARA O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CORCHEO MAR


Un novo éxito para o Club. Esta vez da man do noso compañeiro José Manuel Fernández Rodríguez, que acadou a clasificación para o Campionato de España na modalidade de Corcheo Mar, o clasificarse na terceira posición no Selectivo da especialidade que tivo lugar, o pasado 24 de agosto, no porto do Berbés en Vigo. 
Noraboa José Manuel, e sorte no Campionato de España que terá lugar en Gandía (Valencia) do 5 ó 7 de Setembro.