miércoles, 29 de octubre de 2008

VI CAMPIONATO DE SURFCASTING SANTIAGUIÑO DO MONTE



El club W.Latorre organiza su "VI CONCURSO DE SURFCASTING SANTIAGUIÑO DO MONTE ", que se disputará el próximo 22 de octubre en la playa de As Furnas (Xuño), datos para la inscripción en el cartel.
No tenemos grandes premios, pero los trofeos son obras originales de Pepe Miguez y Tito Furelos y algo conseguiremos para sortear entre los participantes.

martes, 28 de octubre de 2008

EXCEPCIONAL ACTUACIÓN DO CLUBE DE PESCA DO BARBANZA NO I OPEN INTERNACIONAL DE BLACK BASS "O RIBEIRO"

Todo o día buscando calificativos, e todos se quedan curtos para definir a actuación do noso Clube no I Open Internacional de Black Bass Galicia que tivo lugar este pasado fin de semán nos encoros ourensanos de Frieira e Castrelo de Miño e que foi organizado maxistralmente polos nosos amigos do Clube de Pesca Ribeiro.
A Competición celebrouse en duas modalidades, dende embarcación o venres 24, e o sábado 25 , rematando coa modalidade dende beira o domingo 26.
Baixo o pabellón do Clube de Pesca do Barbanza competían na modalidade de pesca dende embarcación un tal José Manuel Rey e un tal Martín Vielva. Imos describilos cunha imaxe (so apta pra quen non padeza do corazón).......son estes dous da foto:

Iniciábase a competición de embarcación o venres 24. O abundante e riquísimo almorzo que lle metemos ás 8 da maña no hotel-balneario Laias Caldaria, non nos facía supoñer o que nos agardaba nada mais cruzar a porta para fora. Unha baixada brusca de temperaturas fixo que ó inicio da primeira manga as temperaturas rozaran os cero graos,( eu mesmo tiven que apañar as orellas no chan nada mais sair pra fora). A néboa non desaparecía, e amais deso tiñamos un estupendo e xelado vento de nordés. ¿Qué mais se pode pedir?, pois que o primeir día de campionato se celebre nun encoro totalmente descoñecido para todo o mundo. Os presaxios dos oráculos cumplíronse: duas pezas na primeira manga, eso si de porte con 2,230 kgr. e 1,880 kgr., e un "carolo" colectivo na segunda fixeron que todo o mundo tivera posibilidades de cara ó segundo día de competición. O segundo día estivo menos frio e pescábase no encoro de Castrelo de Miño, que xa era coñecido pola maioria dos participantes. Esto viuse no aumento considerable de capturas. Un cupo feito polos campións, estas tres pezas

que nos daban o segundo posto na clasificación xeral a espera do que acontecera na derradeira manga e outras duas embarcacións mais con capturas. Problemas no motor fixeron que non puidésemos coller a postura da mañá por falta de potencia, pois debido a un exceso de información na hora do xantar houbo quen se enterou e nos ocupou a nosa zona de pesca. Perdemos un posto pero acadamos unha mais que meritoria 3ª posición final, tendo en conta que os campións do mundo quedaron na 5ª praza.

mirade que cariña nos quedou. Non entrenáramos o sorriso da foto dos premios.

DOMINGO 26 PESCA DENDE BEIRA

O domingo tiña lugar a competición dende beira, a expedición do noso clube unímonos ó mellor de cada casa, SEGOBASS de Leon e TRUTTA de Santiago. Bo ambiente, birras a paladas e mentiras sobre o sistema de pesca que íamos empregar ó día seguinte foi a tónica, con ginebra, xeral da noite do sábado. Palpábase a tensión típica de competición, todo o mundo andaba a buscar información que lle poidera ser útil para o día seguinte . Nos estabamos moi tranquilos pois íamos coa nosa arma segreda DARIO, alias Drop Shot Chorra (que significa: sistema de pesca que consiste en ir a pescar a campeonatos en modalidades de pesca que descoñeces ou non tes nin pu.. idea e vas e quedas entre os primeiros). Na primeira manga só tres dos mais de 30 pescadores que se deron cita na competición trincaron algún peixe de medida, un deles acadou o segundo posto. Foi o socio do noso Clube Luis Pelaez que aparece na seguinte foto con un colega de pesca
Na segunda manga pescouse bastante mais e a nosa arma segreda acadou un terceir posto que o levou á cuarta posición na xeral quedando Luis Peláez como quinto clasificado.
Para rematar os colegas do Clube APPA de Portugal entregaron para sortear entre os participantes dúas canas de pesca de tubo e gama alta, as cales lle corresponderon a dous dos membros do noso Clube José Antonio Gómez Pérez (Tono) e..........sí a outra pra quén ía ser pra..... Darío.
Noraboa ós premiados

As Clasificacións finais foron as seguintes:

Quero dende aquí darlle as grazas ós membros do Clube de pesca Ribeiro especialmente a José Ramón, o seu presidente, polo excelente trato e por tódalas atencións que nos dispensaron, que foron moitas. E darlle tamén a noraboa pola excelente organización dun evento destas dimensións e caracteríscticas. Esta claro que se seguen así chegarán ata onde queiran.

Tódalas fotos nos seguintes links:


Non vos perdades o amplo reportaxe que emitirá o programa Couto Vivo da TVG dentro de catro semáns onde DARIO (Doctor en Actividades de RIO) nos explicará pormenorizadamente o montaxe Drop Shot.

Convocatoria do Curso de Adestrador/a Nivel I. Bloque Común

A Dirección Xeral para o Deporte convoca, a través da Escola Galega do Deporte, o Curso de Adestrador/a de Nivel I: Bloque Común. Datas: días 14, 15, 21, 22, 28 e 29 de novembro (venres pola tarde, e sábados mañá e tarde). Lugar: Santiago de Compostela. Prazo inscrición: ata o día 10 de novembro, ás 14:00 h. Máis información: http://www.deportegalego.eu/novas/nova.php?id=993&lg=gal

Escola Galega do Deporte

jueves, 23 de octubre de 2008

SEGUNDA QUEDADA ROBALIZAS.NET - ROBALIZAS.ES




O fin de semán do 17 ó 19 de outubro xuntáronse os nosos colegas de ROBALIZAS.NET-ROBALIZAS.ES para celebrar a súa II QUEDADA. Unha fin de semán onde o máis importante era a boa compaña e ter con quen compartir experiencias, a vez que se aprendía algunha que outra cousa referente ó spinning mariño. Acompañou o sol e incluso houbo boas capturas ainda que o mar se atopaba un chisquiño duro. O xantar no Restaurante Fraga Balada e o sorteo de diversos artígos doados por coñecidas firmas comerciais puxeron remate ás xornadas.



unha mostra de bos peixes, artificiais e dos outros.

O mundo da pesca está en contínuo cambio e así xurden novas modalidades froito da evolución constante do mundillo da pesca e derivado tamén das inquietudes dos seus practicantes. Aquí podemos observar nas seguintes fotos diversas capturas na recién inaugurada modalidade de spinning-tranquilo de fondo:








miércoles, 15 de octubre de 2008

NO CABE DUDA QUE NO HAY PEOR BESTIA Y/O ANIMAL EN ESTE PLANETA QUE EL PROPIO SER HUMANO

AUNQUE PAREZCA MENTIRA AÚN HOY EN DÍA SE SIGUE REALIZANDO CADA AÑO ESTA BRUTAL, DANTESCA, SANGRIENTA MASACRE EN LAS ISLAS FEROE, QUE PERTENECEN A DINAMARCA. UN PAÍS SUPUESTAMENTE ’CIVILIZADO’ Y QUE PERTENECE A LA UNIÓN EUROPEA. PARA MUCHOS ES DESCONOCIDO ESTE ATENTADO A LA VIDA, A LA SENSIBILIDAD, A TODO. EN ESTA MASACRE SANGUINARIA PARTICIPAN LOS MOZOS PARA ’DEMOSTRAR’ QUE ENTRAN EN LA EDAD ADULTA (¡!) ES ABSOLUTAMENTE INCREÍBLE QUE NO SE HAGA NADA PARA EVITAR ESTA BARBARIE QUE SE COMETE CONTRA LOS CALDERONES, UN DELFÍN INTELIGENTÍSIMO QUE TIENE LA PARTICULARIDAD DE ACERCARSE A LAS PERSONAS POR PURA CURIOSIDAD.





lunes, 13 de octubre de 2008

CLASIFICACIÓN PROVINCIAL A CORUÑA MAR-COSTA 2008




No pasádo sábado 11 do presente mes de outubro tivo lugar o Campionato Provincial de A Coruña na modalidade de mar-costa. O estado do mar e as algas condicionaron a proba dende o inicio tendo que cambiar dos escearios previstos en Valdoviño a Seselle. Outra das notas dominantes foron a escaseza de peixe, pois as pezas que sairon non só eran escasas senon de pequeno tamaño non chegando a dar as medidas regulamentarias. A pesares de todo puidemos clasificar ó membro do noso Clube Jesús Tuñas Pais para o vindeiro campionato Autonómico que se celebrará na praia das Furnas o día 8 de novembro .
A clasificación final foi a que segue:

EXCEPCIONAL RESULTADO NO CAMPIONATO PROVINCIAL DE AUGA DOCE


Alá polo día 28 de setembro celebrouse no embalse de Portodemouros o Campionato Provincial de Auga Doce da provincia de A Coruña, o cal foi toda unha demostración de cómo se poden acadar resultados traballando en grupo. O obxetivo era colocar algún dos membros do Clube no podio, e o elixido foi Darío. Para elo fíxose un intenso programa de mentalización, dado que lle pesaba a responsabilidade do liderazgo,e tíña bastante medo de acadar un bo resultado e non ser capaz de aguantar sen rirse dos demais. Despois de convencelo fíxoselle un cursiño acelerado de materiais á empregar, dos anzois e flotadores,dos asticot de cores, e sobre todo e o que máis lle costou aprender ¿que fago co pienso dos coellos?. Agora ben, unha vez que asimilou todo o anterior o resultado foi este:3º CLASIFICADO PROVINCIAL AUGA DOCE A CORUÑA 2008.
Tampouco é que se lle queira quitar mérito ó seu bo traballo, pois él tamén puxo da súa parte tal é como se aprecia na foto: xa sei que algún dirá que aqúi mais que poñer, sacou, pero o que quero dicir é que o resultado foi traballado, sacrificándose ata tal extremo que, como tamén se pode apreciar na foto, non usou a silla nin un só segundo.
Indicar que a cuarta praza, que tamén é un resultado destacado, foi para outro membro do noso Clube, Luis Peláez, que ven sendo este: Darío e Luis representarán para o ano que ven á provincia de A Coruña e tamén ó noso Club no Campionato Autonómico de Auga Doce. Noraboa ós dous.
O resto da clasificación foi a seguinte:

miércoles, 8 de octubre de 2008

II CONCURSO DE PESCA FESTAS DO ROSARIO 2008


O pasado domingo 5 de outubro tivo lugar o II Concurso de pesca festas do Rosario na modalidade de mar-costa, organizado magníficamente por ese gran clube que forman os socios do Salmo de A Coruña. O Clube de Pesca do Barbanza enviou un equipo de alto nivel(todos pasaban de 1,50 mts.)coa idea nun principio de facerse cos primeiros postos na clasificación do concurso, o obxetivo era ambicioso e difícil de acadar, así se demostraría mais tarde na pesaxe, sobre todo porque os peixes non acudiron á cita tal e como se esperaba,(só se pescaron 40 kilos entre aproximadamente 140 pescadores). Nos inicios da competición peleouse como nunca e non se pillou nada coma sempre, menos mal que o tempo respetou, a todo o mundo menos a Suso, que foi o único que se mollou (algunha nube solta)...... De repente, sen contar, cambiounos a sorte, este ano ata saiu ben a foto do grupo, ese era un claro sinal de que a cousa poñíase totalmente de cara e tal foi que nunha excelente entrada ás instalacións do Real Club Náutico, tódolos membros do equipo acadaron unha inmellorable posición, agora sí..... apreciase ben na foto.


Ó remate o gañador foi Jesús Fabeiro Bellón, socio do clube organizador, seguido por Alberto Abuín Iglesias e José María Brea García. Alberto Abuín tamén gañou o premio á peza maior, con un pinto que pesou 1.550 gramos.


Os membros do equipo preparándose para o duro combate, o que pasa é que os peixes pillaron medo e non houbo tal combate.
Momento da entrega das copas.

A pesar do resultado os membros da expedición non perderon a fe en ningún momento