lunes, 13 de octubre de 2008

EXCEPCIONAL RESULTADO NO CAMPIONATO PROVINCIAL DE AUGA DOCE


Alá polo día 28 de setembro celebrouse no embalse de Portodemouros o Campionato Provincial de Auga Doce da provincia de A Coruña, o cal foi toda unha demostración de cómo se poden acadar resultados traballando en grupo. O obxetivo era colocar algún dos membros do Clube no podio, e o elixido foi Darío. Para elo fíxose un intenso programa de mentalización, dado que lle pesaba a responsabilidade do liderazgo,e tíña bastante medo de acadar un bo resultado e non ser capaz de aguantar sen rirse dos demais. Despois de convencelo fíxoselle un cursiño acelerado de materiais á empregar, dos anzois e flotadores,dos asticot de cores, e sobre todo e o que máis lle costou aprender ¿que fago co pienso dos coellos?. Agora ben, unha vez que asimilou todo o anterior o resultado foi este:3º CLASIFICADO PROVINCIAL AUGA DOCE A CORUÑA 2008.
Tampouco é que se lle queira quitar mérito ó seu bo traballo, pois él tamén puxo da súa parte tal é como se aprecia na foto: xa sei que algún dirá que aqúi mais que poñer, sacou, pero o que quero dicir é que o resultado foi traballado, sacrificándose ata tal extremo que, como tamén se pode apreciar na foto, non usou a silla nin un só segundo.
Indicar que a cuarta praza, que tamén é un resultado destacado, foi para outro membro do noso Clube, Luis Peláez, que ven sendo este: Darío e Luis representarán para o ano que ven á provincia de A Coruña e tamén ó noso Club no Campionato Autonómico de Auga Doce. Noraboa ós dous.
O resto da clasificación foi a seguinte:

No hay comentarios: