miércoles, 8 de octubre de 2008

II CONCURSO DE PESCA FESTAS DO ROSARIO 2008


O pasado domingo 5 de outubro tivo lugar o II Concurso de pesca festas do Rosario na modalidade de mar-costa, organizado magníficamente por ese gran clube que forman os socios do Salmo de A Coruña. O Clube de Pesca do Barbanza enviou un equipo de alto nivel(todos pasaban de 1,50 mts.)coa idea nun principio de facerse cos primeiros postos na clasificación do concurso, o obxetivo era ambicioso e difícil de acadar, así se demostraría mais tarde na pesaxe, sobre todo porque os peixes non acudiron á cita tal e como se esperaba,(só se pescaron 40 kilos entre aproximadamente 140 pescadores). Nos inicios da competición peleouse como nunca e non se pillou nada coma sempre, menos mal que o tempo respetou, a todo o mundo menos a Suso, que foi o único que se mollou (algunha nube solta)...... De repente, sen contar, cambiounos a sorte, este ano ata saiu ben a foto do grupo, ese era un claro sinal de que a cousa poñíase totalmente de cara e tal foi que nunha excelente entrada ás instalacións do Real Club Náutico, tódolos membros do equipo acadaron unha inmellorable posición, agora sí..... apreciase ben na foto.


Ó remate o gañador foi Jesús Fabeiro Bellón, socio do clube organizador, seguido por Alberto Abuín Iglesias e José María Brea García. Alberto Abuín tamén gañou o premio á peza maior, con un pinto que pesou 1.550 gramos.


Os membros do equipo preparándose para o duro combate, o que pasa é que os peixes pillaron medo e non houbo tal combate.
Momento da entrega das copas.

A pesar do resultado os membros da expedición non perderon a fe en ningún momento

1 comentario:

suso dijo...

este equipo non dou a talla e unha pena solo pensa en comer e beber