domingo, 18 de noviembre de 2018

AUTONOMICO SALMÓNIDOS MOSCA LAGO

Este sábado levouse a cabo a Competición que pecha o Calendario deste 2018, e como non podia ser doutra maneira, o noso Clube volveu pisar podio, na figura dun grande, D. Jesús Bolaño.




Noraboa Jesús por ese Bronce, o ano que ven defenderas os colores galegos no Nacional de especialidade, segue a engordar curriculum, e como non o gran Dario mostrando que ten fotoxenia e arte nesto do posado. Noraboa a todolos participantes , e coma non a D. David Arcay, Campión Autonómico, a D. Eduardo Fuentes polo  segundo posto e D. Alejandro Pérez, que, os catro xuntos representaran a Galicia no vindeiro Nacional.

martes, 6 de noviembre de 2018

II LIGA DE CLUBES MAR COSTA

Este último fin de semana levouse a cabo o II Liga de Clubes Mar Costa en praias de Baiona (Ladeira) e Nigrán /Panxón (Playa América/Panxón).
Campionato bonito, coa participación de 11 equipos de 9 Clubes, tiñamos ganas dun Campioato con tantos deportistas na area.



As codicións parecian boas, algas nos primeiros metros, o mar fora facia pensar que haberia peixe, pero na praia de Ladeira non se cumpriron as espectativas, pouco peixe, e roturas de liña, pero ainda así o bon facer dos pescadores fixo que poucos ceros aparecesen na clasificación, distinto foi en Praia  América, onde os pescadores disfrutaron do día, con picadas e capturas, algunha alga, pero boas condicións para a práctica do noso deporte, a segunda manga, seria mellor pensábamos, pero a escasez de peixe foi a tónica, ainda así poucos ceros na clasificación falaban do bo nivel dos incasables deportistas.
Triunfo merecido do Clube Peixe Espeso, que soubo sacarlle partido as condicións das praias para arrincarlles os seus preciados peixes,
O Capote A, logrou a segunda praza,mollandolle a orella aos seus compañeiros do equipo B, vaia ano lles espera
 E con gran satisfacción o Clube de Pesca do Barbanza Tubertini acadou o terceiro posto, gracias a unha gran actuación de Samuel, que acadou o segundo posto da Clasificación individual, e como non podia ser doutra maneira, da man da nosa Capitana, Pili, o resto dos componentes do equipo aportamos o noso gran de area
Noraboa aos gañadores , e noraboa tamen a todolos participantes e a Federación Galega de Pesca, que soubo estar a altura das circunstacias.

GALA DO DEPORTE DA PESCA

Como cada catro anos, a Federación entrega un recoñecemento aos deportistas galegos e galegas que acadan os primeiros postos dos distintos Autonómicos, podiun Nacional e Internacional, un Clube como o noso tiña que estar ahí, e vaia si se veu

 Bolaño non puido acudir, pero foi ben representado




















Un detalle, Maria aparece en moitas fotografías, pero claro a nosa Campioa, e Campioa en varias modalidades, e por iso que aparece en tantas fotos, non só pola súa fotoxenia, que tamén.

lunes, 5 de noviembre de 2018

AUTONÓMICO CORCHEO MAR

Nutrida representación no Autonómico Corcheo Mar, gran escenario, con boas capturas, que foron devoltas con vida ao seu medio


Pero estamos a falar de pesca, e non sempre dase ben, ainda así foi un gran día, xa que desfrutamos da natureza, da compañia, do bon facer dos pescadores e todo no incomparable marco da Base Naval de Ferrol, onde fomos tratados coa exquisitez que sempre nos deparan, ata café nos acercaron oas postos, Moitas Gracias¡¡¡¡¡¡
Noraboa aos gañadores polo seu merecido triunfo

AUTONÓMICO DAMAS MAR COSTA

Falar no noso  Clube do Autonómico Mar Costa Damas, e falar de Pili, loitadora incansable, gran pescadora e mellor persoa, ela soa encargase de que o Clube Barbanza Tubertini teña representación, ano tras ano no Campionato de España a Modalidad.


AUTONÓMICO AUGA DOCE XUVENTUDE

Creo que sobran as palabras, esta foto define a participación do Club de Pesca do Barbanza Tubertini no Campionato Autonómico Auga Doce Xuventude 2018.
Temos canteira e fame de títulos, xornada soleada cun gran número de capturas, onde os pescadores/as disfrutaron do noso deporte.