martes, 6 de noviembre de 2018

II LIGA DE CLUBES MAR COSTA

Este último fin de semana levouse a cabo o II Liga de Clubes Mar Costa en praias de Baiona (Ladeira) e Nigrán /Panxón (Playa América/Panxón).
Campionato bonito, coa participación de 11 equipos de 9 Clubes, tiñamos ganas dun Campioato con tantos deportistas na area.



As codicións parecian boas, algas nos primeiros metros, o mar fora facia pensar que haberia peixe, pero na praia de Ladeira non se cumpriron as espectativas, pouco peixe, e roturas de liña, pero ainda así o bon facer dos pescadores fixo que poucos ceros aparecesen na clasificación, distinto foi en Praia  América, onde os pescadores disfrutaron do día, con picadas e capturas, algunha alga, pero boas condicións para a práctica do noso deporte, a segunda manga, seria mellor pensábamos, pero a escasez de peixe foi a tónica, ainda así poucos ceros na clasificación falaban do bo nivel dos incasables deportistas.
Triunfo merecido do Clube Peixe Espeso, que soubo sacarlle partido as condicións das praias para arrincarlles os seus preciados peixes,
O Capote A, logrou a segunda praza,mollandolle a orella aos seus compañeiros do equipo B, vaia ano lles espera
 E con gran satisfacción o Clube de Pesca do Barbanza Tubertini acadou o terceiro posto, gracias a unha gran actuación de Samuel, que acadou o segundo posto da Clasificación individual, e como non podia ser doutra maneira, da man da nosa Capitana, Pili, o resto dos componentes do equipo aportamos o noso gran de area
Noraboa aos gañadores , e noraboa tamen a todolos participantes e a Federación Galega de Pesca, que soubo estar a altura das circunstacias.

No hay comentarios: