sábado, 29 de julio de 2017

FESTA DO ESCALO


 Nova edición dá Festa do Escalo, festa dá pesca dirixida ós mais novos e onde o noso Clube, BARBANZA TUBERTINI,  non pode faltar.
Como o seu nome indica, nesta ocasión tocanos a modalidad de Auga Doce, dirixida a captura dos escalos  "É un peixe de tamaño mediano, con tallas máximas de 25 cm de lonxitude. Corpo alongado e fusiforme, cabeza ancha e grande, con dúas series de dentes farínxeos
Ten unha aleta dorsal curta e alta, con 3 radios simples e 7-9 radios ramificados, situada á altura da aleta pelviana ou algo posterior. Liña lateral lixeiramente curva.
A cor é marrón agrisada ou verdosa, con reflexos; os flancos amarelos ou verdosos e o ventre prateado. Unha banda negra pouco aparente percorre os flancos.", pesca entretida na que a axilidade conta moito ante as númerosas capturas que esta pesca exixe.


E como nos teñen acostumados :

1. Daniel Rey
2. David Alvárez
3. Nicolas Miraz

Na categoria Damas

2. María Rey
3. Paula Sánchez

Un peixe impediu que a nosa María alzásese con triunfo...pero non hai problema, o triunfo e de todos, dos participantes e dos Organizadores, que preocupanse, temporada tras temporada, do fomento dás actividades ao aire libre para a nosa xuventude, transmitíndolles os valores do deporte, neste caso do noso deporte, a pesca.

Noraboa a todos e ánimo, o ano que ven haberá outra edición.


Vemonos pescando ¡¡¡¡¡¡