martes, 12 de agosto de 2014

OUTRO ÉXITO MÁIS DO CLUB, JESÚS MARTÍNEZ CARBALLO CAMPIÓN GALEGO DE AUGA DOCE 2014


 Este pasado domingo tiñan lugar as dúas últimas mangas do Campionato Autonómico de auga doce 2014 que tivera o seu arranque 15 dias antes no encoro de Vilasouto. Esta vez o encoro de Portomarín sería o escenario, e alí participaban representado ó noso Club dous dos nosos socios, José Manuel Rey e Jesús Martínez Carballo. Este último viña de realizar dúas mangas impecables, obtendo en cada unha delas o primeiro posto no seu sector. Neste segundo día o que fixo foi o mesmo, un primeiro de sector en cada manga, como resultado o primeiro posto na clasificación final e ademais o ascenso ó Selectivo. José Manuel obtivo un meritorio 7º posto. Os dous pelexarán dentro duns días por obter unha  praza para o vindeiro Campionato de España e por manterse no Selectivo da modalidade. Noraboa e sorte nese vindeiro compromiso.