lunes, 24 de febrero de 2014

OPEN LIGA DE CLUBS MAR COSTA



"XI XORNADAS DE LIMPEZA E RETIRADA DE REFUGALLOS NOS RÍOS DE ROIS"


O Club de Pesca Deportiva LONDRA de Rois, ven de levar a cabo a primeira retirada de refugallos no río Valeirón, enmarcada esta actividade dentro das "XI XORNADAS DE LIMPEZA E RETIRADA DE REFUGALLOS NOS RÍOS DE ROIS" que organiza este Clube ininterrumpidamente dende xa fai nada menos que once anos. A xornada permiteu achegarse o río, logo de un mes de intensos temporais e enchentas que impediron levar a cabo esta actividade programada con antelación.
Retiraronse uns douscentos quilos de refugallos que por mor das enchentes foron arrastrados hacia as marxes do Valeirón. O Clube LONDRA, quere agradecer a todos os participantes o traballo realizado e tamén a presenza de membros de W.Latorre de Padrón, a Bersan Automoción Citroën e a Emerxencias Rois Voluntariado. O remate todos os participantes disfrutaron de unha merecida merenda na taberna O Pemento de Seira, xentileza do Clube organizador. 
A limpeza do río Rois quedou programada para o vindeiro sábado 1 de marzo, as catro da tarde concentraranse os participantes na praia fluvial de Seira.





sábado, 15 de febrero de 2014

VI CAMPIONATO DE PESCA CAMARIÑAS 2014

Xa está aberto o prazo de inscripción da sexta edición do Campionato de Pesca de Camariñas, que se celebrará o sábado 01 de Marzo de 2014.
PREMIOS
1º 500 EURO
2º 300 EURO
3º CANA EVIA (valorada en 120 EURO)
4º CANA (valorada en 80 EURO)    
5º RELOXO RACER (valorado en 60 EURO)
6º RELOXO RACER (valorado en 59 EURO)

PREMIOS ESPECIAIS
PREMIO A MAIOR CAPTURA: 200 EURO
PREMIO O 1º CLASIFICADO DO CONCELLO DE CAMARIÑAS*: CARRETE SERT(valorado en 125 EURO).
*Este premio non poderá ser concedido a ningún dos dous primeiros premiados.

A couta de inscrición é de 50 EURO que inclúe licenza federativa, comida e cea de entrega de premios.
Os que dispoñan de licenza para o ano 2014 a couta queda en 35 EURO.

O PRAZO DE INSCRICIÓN REMATA O 27 DE MARZO DE 2014 ás 14:00h

Enviar por correo electrónico:

Nome y apelidos
DNI (con fotocopia)
Data de nacemento
Dirección completa
Teléfono
Correo electrónico
Nº licencia federativa (con fotocopia)

Recordar que a inscrición non sera válida sen o ingreso da couta de inscrición que deberan enviar o recibo por correo electrónico a:asociacionempresarioscamarinas@gmail.com
                      
Enlace folla inscrición: