martes, 20 de marzo de 2012

O Club do Barbanza en V Televisión

O pasado domingo 18-03-2012 varios membros do Club do Barbanza estrearon a tempada de pesca de rio, no couto de Verdes no rio Anllóns. Con eles estivo V Televisión. Se queredes ver o que pasou pinchade no seguinte link:

lunes, 12 de marzo de 2012

SELECTIVO EMBARCACION FONDEADA 2012

O noso Club está de noraboa xa que o noso compañeiro José Angel Pérez Alvarez acadou no día de onte a clasificación para participar no Campionato de España de Embarcación Fondeada do presente ano ó rematar no cuarto posto do selectivo.
Noraboa compañeiro.

lunes, 5 de marzo de 2012

Comunicado da Sociede de Pesca Deportiva Neria


A Sociedade de Pesca Deportiva Neria fixo a proposta (ao Servizo Provincial de Conservación da Natureza) de crear un couto de pesca no concello de Vimianzo. Cousa que foi aceptada. Este acoutado contaría cun fermoso tramo de Pesca sen Morte. Pois ben, atopámonos cunhas xentes que, por razóns que tan só eles coñecen (e outros non podemos máis ca adiviñar), inda que unha delas é que este proxecto beneficia aos pescadores de fóra, opóñense a este proxecto. Algúns entenden que vivir ao carón dun río é sinónimo de ter propiedade del ou de ter máis dereitos nel cao resto dos cidadáns. Recolleron sinaturas e mandáronas á Xunta. Non foron moitas, foron 300, das que tan só 6 teñen licenza de pesca fluvial en vigor. Pero iso abondou para que os responsables políticos teñan dúbidas para seguir con este proxecto, malia que sexa a Sociedade de Pesca quen poña os cartos. Nós entendemos que é un proxecto honesto, viable e máis ca nada necesario. Ese tramo de río necesita ser coidado e, de ser posible recuperado, para goce de todos os que o queiramos visitar. É esta a razón pola que nos diriximos a vós. Para que nos axudedes a xuntar o maior número de sinaturas posible. Tamén para amosar que o mundo da pesca sabe unirse para defendela e para coidar aqueles lugares dos que somos, coma os demais cidadáns, pero no noso caso dunha maneira especial, usuarios. Rogámosvos que fagades cantas copias sexan necesarias desta plantilla que vos achegamos e que solicitedes a colaboración de socios, familiares, amigos e coñecidos. É moi importante que poidamos demostrar ter un apoio o máis numeroso posible. Podedes mandalas vos mesmos á Xunta, polo rexistro do concello por exemplo, de non poder facelo, poderíadelas enviar a este correo Sociedade de Pesca Deportiva Neria - O Petón,14 - Berdoias - 15128 Vimianzo - A Coruña. De mandalas vos mesmos agradeceríase que nos comunicasedes a este correo cantas foron, para deste xeito poder levar unha contabilidade exacta.

Saúdos a todos.

Manuel Mouzo Méndez - Presidente.

1º SALON PESCAVALGA