martes, 29 de octubre de 2013

O Club de Pesca do Barbanza no IX TROFEO DE PESCA AUGA DOCE SAN FROILÁN

O pasado 12 de outubro tivo lugar no Club fluvial do Miño de Lugo o IX TROFEO DE PESCA AUGA DOCE SAN  FROILÁN, organizado pola  sociedade A Venatoria de Lugo. Como non podía ser doutra maneira unha expedición do Club dirixiuse ata alí para tomar parte na competición. O resultado, como podedes ver nas fotos, e como sempre, excepcional.  









domingo, 27 de octubre de 2013

GERARDO OROL CASTRO CAMPIÓN GALEGO 2013 NA MODALIDADE DE MAR COSTA.

O Club está novamente de noraboa, onte tiña lugar na praia de Laxe o Campionato Autonómico na modalidade de mar-costa 2013. Estivemos representados neste campionato polos dous clasificados no provincial,  Gerardo Orol e David Barreiro os cales ían a defender os nosos intereses na praia. Ó remate da primeira manga os resultados eran alentadores, un segundo posto na xeral para Gerardo e un 14 para David, deixaban moitas esperanzas de cara á segunda manga. A segunda manga ainda foi mellor, pois Gerardo acadou un primerio posto na manga e David facíase co posto 11. O resultado final Gerardo 1º clasificado na xeral, convertíndose no Campión Galego na modalidade, e David acadaba un meritorio 13 posto na xeral.
Este novo título para Gerardo,  e para o  Club de pesca do Barbanza, non  fan mais que pechar un ano,  que ata o de agora na nosa pequena historia  poderiamolo calificar de excepcional por todo o que nel acadamos. Noraboa a todos.
                                                


domingo, 20 de octubre de 2013

VII CAMPEONATO SURFCASTING AGROPESCA

Estimados compañeros,
os adjuntamos el Cartel del VII Campeonato de Surf Casting que organizan nuestro compañeros y amigos de la Tienda Agropesca, Fene.
Para cualquier duda, tenéis en el Cartel la dirección de correo electrónico y numero de teléfono de la tienda. 
Esperamos contar con vuestra participación.

Un saludo.


Asociación Deportiva Peña O Rodaballo
López de Figueroa, 34 - Bajo 6
15406 Ferrol
A Coruña
Telefono: 648816707
Correo: rodaballoferrol@gmail.com
Blog: rodaballoferrol.blogspot.com


VIII CONCURSO DE PESCA MARÍTIMA DESDE COSTA "SAN MARTIÑO 2013"

Estimados amigos:
Como ya es tradicional en estas fechas, nuestro Club O Isco de O Grove, organiza el VIII Concurso de pesca maritima desde costa San Martiño 2013.
Adjuntos os remito bases e información sobre las inscripciones.
Como siempre habrá un regalo conmemorativo para todos los participantes y un gran ágape al finalizar el concurso.
Os esperamos a todos con los brazos abiertos, como todos los años.

viernes, 4 de octubre de 2013

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2013, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se fixan as normas dos sorteos e da venda de permisos de pesca en coutos para a tempada 2014.

Acaba de sair publicada a RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2013, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se fixan as normas dos sorteos e da venda de permisos de pesca en coutos para a tempada 2014. Podédela ver no apartado LEXISLACIÓN PESQUEIRA ou no seguinte link:


sábado, 28 de septiembre de 2013

domingo, 15 de septiembre de 2013

OPEN BLACK BASS 2013

O primeiro día do mes de setembro tiña lugar nos encoros de Castrelo de Miño e Frieira o Open Black Bass 2013. Como tódolos anos a expedición do noso Club foi a mais numerosa, xa que tanto polo número de practicantes que temos na pesca deste peixe, como polos resultados que se dan cada ano nesta competición, parece que o black bass fora unha especie orixinaria do Barbanza. O día presentábase expléndido e a temperatura foi subindo pouco a pouco ata acadar os 40º. Esto fixo que houbera que pelexar, non só cos peixes, senón tamén cos elementos climatolóxicos. Non importa cando se trata deste peixe. O resultado final foi, un primeiro posto en infantís, e un primeiro, terceiro e cuarto posto en seniors, o cal  significa que tres dos catro membros da Selección Galega nesta modalidade que participarán no vindeiro Campionato de España serán do  Club de pesca do Barbanza. Noraboa a todos.




jueves, 12 de septiembre de 2013

O Club de Pesca do Barbanza no XVI CAMPIONATO INFANTIL "CIDADE DE A CORUÑA" - "II MEMORIAL RIPAMONTI"

O pasado 24 de agosto tivo lugar na cidade de A Coruña o XVI CAMPIONATO INFANTIL "CIDADE DE A CORUÑA" - "II MEMORIAL RIPAMONTI". Ata alí desprazouse unha expedición do Club para tomar parte nunha competición con 70 participantes. Os resultados, como sempre, foron excelentes, cabe destacar o  4º posto de Sara en Alevins e de Dani en Infantís. Diana (7º), María(10º) e Alex completaron a expedición.

miércoles, 11 de septiembre de 2013

7º TROFEO MAR COSTA ROCK FISHING FESTAS DO ROSARIO



V OPEN DE CARPA DO RIBEIRO


Estimado amig@ pesc@: 
Dirixome a ti en nome da Agrupación Deportivo Natural de pesca de Ribadavia para convidarte a participar no V OPEN DE CARPA DO RIBEIRO que terá lugar o vindeiro domingo 22 de setembro en Castrelo de Miño. Sería unha horna para nos poder contar coa túa participación asi como dos demáis compoñentes do teu club neste evento no que haberá dúas modalidades, PESCA LIBRE e PESCA EN POSTO, con premios para os tres primeiros clasificados de cada unha e agasallos para todos. Envioche adxunto o cartel coas bases do concurso ao tempo que che pido que lle des a maior difusión posible. Esperando contar coa túa presencia recibe un cordial saúdo 
Gabriel Fernández 
Presidente A.D. Natural de Ribadavia 
Tlf.: 699954985 - gabriel@adnpescaribadavia.es

jueves, 5 de septiembre de 2013

miércoles, 31 de julio de 2013

NOVOS PREZOS PARA OS PERMISOS DE PESCA NOS COUTOS

No D.O.G. número 144 de data 30 de xullo acaba de sair publicado o DECRETO 114/2013, do 18 de xullo, polo que se modifica o Decreto 119/1994, do 28 de abril, polo que se fixan os prezos públicos dos servizos xestionados pola Consellería de Agricultura, Gandaría e Montes referentes a actividades de caza e pesca. Neste decreto establécense os novos prezos para os permisos de pesca nos coutos. Podedes velo no seguinte 

lunes, 29 de julio de 2013

SUBCAMPIONATO AUTONÓMICO AUGA DOCE

O pasado domingo vimos de acadar un novo éxito para o noso Club, xa que un tal José Manuel Rey fíxose co 2º posto no Campionato Autonónico de Auga Doce, que tivo lugar no encoro de Vilasouto, na provincia de Lugo. Veremos que pasa no vindeiro Selectivo .....



XVI CAMPIONATO INFANTIL CIDADE DE A CORUÑA "II MEMORIAL RIPAMONTI"