domingo, 23 de septiembre de 2018

II MEMORIAL JESUS BAHAMONDE


Campionato Xuvenil Mar Costa e Absoluto

As areas da praia de Coroso foron testigos dun novo Campionato de Mar Costa, pesca esquiva, que deixou un sabor agridulce.
Gran xornada de sol, un pouco de vento que deixou de despeitearnos coa chegada de noite, difícil de día, complicado de noite, amenizados cunha concentración moteira, pero os compoñentes do noso Clube non se acobardaron, e deron a cara en todo momento.
Froito desta loita o único representante do noso Clube en categoria Xuvenil, aumentaremos representación en pouco tempo, alzouse con título de Campión Galego Xuvenil Mar Costa 2018
o grande Alejandro esta chamado a ser un referente, e ademais non contento o domingo reenganchou participando tamén no Open Spinning encoro Xuventude.

 Os absolutos miraban con envexa a nosa xuventude, mais un posto doce, 2 suplente para entrar no Selectivo de D. David Barreiro anima a continuar.

Open Presidente

Nova edición do Open Presidente, coma non podia ser de outra maneira o noso Club participou cunha nutrida representación e fixeronse notar entre todolos participantes






Un detalle que se agradece neste Open e que os propios participantes participan de unha segunda solta de exemplares, e logo participan dunha interesante charla sobre os nosos salmónidos, impartida por unha persoa Carlos, coñecedor do tema e ameno coma solo él sabe. Grande fin de semana para a nosa xuventude, onde pequenos e maiores disfrutamos do noso deporte