lunes, 27 de febrero de 2012

2º DÍA DAS IX XORNADAS DE LIMPEZA E RETIRADA DE REFUGALLOS NOS RÍOS DE ROIS














O Club de Pesca Deportiva LONDRA, levou a cabo este sábado o segundo día das IX XORNADAS DE LIMPEZA E RETIRADA DE REFUGALLOS NOS RÍOS DE ROIS, que organiza por noveno ano consecutivo, afrontando a limpeza do río Valeirón. Durante casi tres horas, uns vintecinco Socios do Clube, Bersán Automoción de Padrón e voluntarios, así como membros de Protección Civil de Rois, repartironse o longo do cauce do río Valeirón para retirar todo e canto non lle corresponde por natureza estar nas marxes e no cauce do río.
Retiraronse uns trescentos kilos de refugallos, onde cabe destacar varios neumáticos e unha batería de coche, sorprendendo esto ós participantes polo lugar pouco transitable donde se encontraron estos residuos, o cal indica que foron levados o lugar por algún desaprensivo intencionadamente, o cal nos parece intolerable a estas alturas, onde os ríos estan baixos de caudal e calquera alteración no medio ou introducción neste de calquera obxeto contaminante, afecta gravemente a biodiversidade do lugar e do río, máis aínda cando existen puntos limpios para depositar esta clase de residuos.
Os participantes manifestaron a súa preocupación pola escasez de choiva o que acarrea un baixo nivel dos ríos, aínda que mostraron a súa satisfacción pola saúde das suas augas e a fauna piscícola que estas albergan, esperando xa con ansia o comenzo da tempada troiteira e disfrutando das fermosas paraxes que este tramo do Couto de Rois atesoura, especialmente o tramo que se encontra incluido dentro da Rede Natura, onde os muiños restaurados deixan o descuberto parte da etnografía do lugar.
Como de costume, o rematar os traballos, e coa satisfación un ano máis de facer un traballo digno, sobre todo para a conservación do Couto de Rois, os participantes degustaron unha merecida merenda na Taberna O Pemento de Seira, xentileza do Club organizador, que agradece a todos os participantes e o seu compromiso coa natureza de Rois e colaboración dos medios de comunicación que difunden as actividades que este Club realiza o longo do ano.

miércoles, 15 de febrero de 2012

IV CAMPIONATO DE PESCA "CABO VILAN"


Voltamos coa cuarta edición do Campionato de Pesca Mar-Costa CABO VILÁN, que se celebrará o 10 de Marzo de 2012. As bases estan dispoñibles nesta páxina e poderán realizar a inscrición a través do formulario.
Premio ao primeiro clasificado con 700 €. O segundo con 350 €. Terceiro con 150 €. Cuarto un reloxo RACER valorado en 120 €. Quinto cunha caña de pescar. Sexto cun reloxo RACER valorado en 60 € e sétimo cun carrete de pesca. Premio especial para a maior peza capturada con 200 € e un premio para o mellor clasificado do Concello de Camariñas cun equipo completo pesca.

A couta de inscrición é de 50 € que inclúe licenza federativa, comida e cea de entrega de premios. Os que dispoñan de licenza para o ano 2012 a couta queda en 35 €. Recordar que a inscrición non sera valida sen o ingreso da couta de inscrición que deberan enviar o recibo por email.

O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA OS QUE NON TEÑAN LICENZA REMATA O 6 DE MARZO, PARA OS QUE A TEÑAN TEÑEN ATA O 9 DE MARZO.
PREME PARA DESCARGAR AS BASES DO CAMPIONATO

lunes, 13 de febrero de 2012

2º CAMPIONATO SOCIAL MAR-COSTA 2012

IX XORNADAS DE LIMPEZA RETIRADA DE RESIDUOS NOS RIOS DE ROIS 11 – 02 – 2012.


Con unha participación de trinta e cinco persoas, o Club de Pesca Deportiva LONDRA de Rois, levou a cabo este pasado sábado a primeira das limpezas e retirada de residuos nos ríos de Rois. Levouse a cabo esta xornada no río Rois, no tramo que abarca parte do couto de pesca do mesmo nome, e que este Club ten consorciado coa Xunta de Galicia.
Por noveno ano consecutivo, dende a sua fundación, o Club LONDRA, reúne os seus Socios e persoas que se sinten identificadas con esta iniciativa para levar a cabo esta labor, unha labor moi costosa nos inicios e que ahora, logo de nove anos retirando lixo dos ríos, se converten estas xornadas nunha reunión para o disfrute nas marxes dos ríos de Rois de todos aqueles que participan nesta actividade, xa que a cantidade de lixo que se recolle, é menor cada ano que pasa.
Aínda que a cantidade que se retira é menor, sempre cabe destacar algún obxeto que chama a atención por encontralo no río o nas suas marxes, como foi nesta primeira xornada, entre plásticos e alguna que outra botella, retirouse tamén do cauce un barril.
Retiraronse uns cento cincuenta kilos, a maioria pequenos plásticos e botellas, quedando o cauce e marxes do Rois en perfecto estado para acoller a pescadores e senderistas.
Por outro lado cabe destacar e de paso manifestar a repulsa do Club LONDRA contra o furtivismo, pois os participantes retiraron sete sedais durmintes, preparados para pescar, incidencia que se puxo en coñecemento da garderia para que tomen as medidas oportunas.
Cada ano que pasa O Club LONDRA, fai unha valoración moi positiva e despois de nove anos xa se poden apreciar os resultados do traballo, tanto de campo como de concienciación veciñal, que pasaron de vivir de costas o río, a aprecialo e a coidalo.
Logo de rematar, os participantes reunironse na Taberna “O Pemento” de Seira, para repoñer forzas con unha copiosa merenda, xentileza do Club organizador.
O Club LONDRA, agradece a todos os participantes a súa colaboración, entre os que se encontraban tamén Socios do Club de Pesca W.Latorre e da Sociedad de Caza e Pesca de Padrón, así como as empresas Destilerias Compostela e Citroen Bersán Automoción.
A próxima xornada, será o vindeiro sábado 25 de febreiro, para afrontar a limpeza do río Valeirón.

miércoles, 8 de febrero de 2012

JORNADAS TECNICAS SOBRE LA GESTION DE LA PESCA DEPORTIVA


Estimados amigos,
El viernes 24 de febrero, y en el marco de actividades a desarrollar dentro del proyecto MIGRANET, se realizarán unas jornadas técnicas sobre la gestión de la pesca deportiva en las que participará el Dr. François-Xavier Cuende, coordinador del Organismo de Gestión de la cuenca del Río Adour (Francia).
Os enviamos esta invitación, donde se incluye información adicional, con el ánimo de que le deis difusión entre todas aquellas personas que puedan estar interesadas.
Muchas gracias
Un saludo

--Dr. Rufino Vieira Lanero
ESTACIÓN DE HIDROBIOLOXÍA "ENCORO DO CON"
Universidade de Santiago de Compostela.
Castroagudín - Cea.
36617 Vilagarcía de Arousa. Pontevedra. España (Spain)
Tel. 00 34 986 565 640
Fax 00 34 986 503 543
correo-e personal: rufino.vieira@usc.es
correo-e EHEC: ehecusc@usc.es
http://www.usc.es/ehec

lunes, 6 de febrero de 2012

IX XORNADAS DE LIMPEZA NOS RIOS DE ROIS



O próximo sábado día 11 de febreiro e o vindeiro 25 do mesmo mes, o Club de Pesca Deportiva LONDRA de Rois, organiza as IX XORNADAS DE LIMPEZAS E RETIRADA DE REFUGALLOS DOS RIOS DE ROIS. Nove anos ininterrumpidos, dende a sua fundación, este clube leva limpiando e retirando refugallos dos rios de Rois. Cada vez son máis os que se animan a participar nestas xornadas, tanto socios do propio Club como persoas que lle encanta a natureza ou que se sinten identificados con estas accións, así como empresas do Concello de Rois ou outras Sociedades e Clubs de pesca dos concellos limítrofes, como son os Socios de W.Latorre e tamén os da Sociedade de Caza e Pesca de Padrón.Esperamosvos, o remate de cada xornada, os participantes degustaran gratuitamente unha copiosa merenda na Taberna "O Pemento" de Seira, xentileza do Club LONDRA.