miércoles, 15 de febrero de 2012

IV CAMPIONATO DE PESCA "CABO VILAN"


Voltamos coa cuarta edición do Campionato de Pesca Mar-Costa CABO VILÁN, que se celebrará o 10 de Marzo de 2012. As bases estan dispoñibles nesta páxina e poderán realizar a inscrición a través do formulario.
Premio ao primeiro clasificado con 700 €. O segundo con 350 €. Terceiro con 150 €. Cuarto un reloxo RACER valorado en 120 €. Quinto cunha caña de pescar. Sexto cun reloxo RACER valorado en 60 € e sétimo cun carrete de pesca. Premio especial para a maior peza capturada con 200 € e un premio para o mellor clasificado do Concello de Camariñas cun equipo completo pesca.

A couta de inscrición é de 50 € que inclúe licenza federativa, comida e cea de entrega de premios. Os que dispoñan de licenza para o ano 2012 a couta queda en 35 €. Recordar que a inscrición non sera valida sen o ingreso da couta de inscrición que deberan enviar o recibo por email.

O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA OS QUE NON TEÑAN LICENZA REMATA O 6 DE MARZO, PARA OS QUE A TEÑAN TEÑEN ATA O 9 DE MARZO.
PREME PARA DESCARGAR AS BASES DO CAMPIONATO

No hay comentarios: