miércoles, 30 de abril de 2008

XORNADA DE PESCA EN PONTEMAZAIRA

Amigos e compañeiros todos:
Anúnciovos que o próximo sábado día 3 de Maio, teremos no couto de Furelos unha xornada de pesca. Non se trata tanto de competir, (haberá agasallos para os tres primeiros clasificados), como de compartir un día, falar da problemática pola que atravesa a pesca, etc..., ao redor dunha boa mesa. Eso sí que está garantido.
A modalidade é captura e solta, técnica libre agás cebo natural.
O río está en óptimas condicións para pescar, a culleriña, buldó, a cola, a todo. Este ano facémo-lo así, porque tivemos unha serie de problemas, alleos a nós, cos coutos.
Non temos cota de inscripción, pois os coutos son gratuitos. Só cobramos 15 euros pola comida. Pescaremos unha tanda pola mañá de 2 horas de 10 a 12 e de 12,30 a 14,30. En tramos de mais de un km. , en total 8 tramos sobre 9 kms. que ten o couto. E si alguén quere ir pola tarde, non hai ningún problema.
Lugar de encontro na praia fluvial as 9,30, para o sorteo.
Apuntarse antes do venres para avisar polo da comida, no 699176160.
Un saudo Manuel Rodriguez.

lunes, 28 de abril de 2008

Campeonato PROVINCIAL SALMONIDOS LANCE 2008, DE CORUÑA.

O pasado domingo 27 de abril tivo lugar no coto de Pontemaceira o CAMPEONATO PROVINCIAL DE SALMÓNIDOS LANCE . Participaron un total de 54 pescadores de 12 sociedades distintas dentro da provincia . As capturas 44 en total, tal e como se esperaba, foron escasas debido ó excesivo caudal e o tomada que baixaba a auga, 20 troitas na primeira manga e 24 na segunda. A clasificación foi a seguinte:
Tamén se intentou facer un campeonato paralelo de Delegados dos Clubs, pero este tropezou frontalmente cos intereses da UEFA e mais do Comité Olímpico Internacional, xa que temendo unha tremenda baixada de audiencias non permitiron que se celebrara o Campeonato de Delegados no mesmo ano da Eurocopa de Fútbol e mais dos Xogos Olímpicos.

Momento en que os Delegados reciben a noticia de non poder celebrar o campeonato.

martes, 22 de abril de 2008

Abierta la inscripción para el concurso de pesca de O Pino

Concello de O Pino y Deportes Remanso organizan el campeonato

La playa fluvial de A Tarroeira, en O Pino, es el punto de partida del VII Campeonato de Pesca que organizan el Concello y el establecimiento especializado Deportes Remanso. La cita será el domingo, 11 de mayo, y discurrirá por un tramo libre del río Tambre. La organización ya tiene abierto el plazo de inscripción, hasta el viernes, día 9 de mayo. El precio, incluida la comida posterior, es de 20 euros y se repartirán en premios 1000 euros en material deportivo y trofeos. Los interesados pueden anotarse en Deportes Remanso (981 511 380).

lunes, 21 de abril de 2008

Exito total do V Campeonato de pesca fluvial de Rois


A celebración do V CAMPEONATO DE PESCA FLUVIAL DE ROIS, un ano mais foi un éxito total tanto de participación como de organización. Fallaron á cita moitas das troitas que estaban citadas, e só apareceron por alí 17 que pesaron en total 3.300 gramos. O vencedor na modalidade sénior foi Iván Gestoso Rey con 5 troitas, e na categoría de damas foi María Manuela Freire Pazos que a maiores acadou o premio á peza maior. Nos xuvenís non houbo capturas. En particular os membros do Clube de pesca do Barbanza pillamos cinco escalos, sete polas e dous paxaros, lástima que só puntuaran as troitas, senon fariámonos co podio. Aínda así acadamos un mais que meritorio 9º posto,(nós e 32 pescadores mais) Pero que lle ímos facer non se trata so de gañar, trátase de facer novos amigos, e de contar batallitas de pesca de paso que papamos un churrasco no restaurante Pardal. (No das batallitas acadamos o 2º posto con unha troita de 6 metros 27 cms.).



O tempo case nos respeta, pola mañá mollámonos un pouco con auga, e pola tarde houbo tamén molladura, pero esta un pouco mais agradable, molladura de champán de paso que se celebraba a recente creación do COUTO DE PESCA DE ROIS.

Vai pola directiva e polos membros deste grupo de pescadores que forman o Club de pesca LONDRA o noso agradecemento por deixarnos pasar un agradable día con eles, polo trato e amabilidade que nos dispensaron en todo momento, e como non, manifestarvos a nosa admiración e darvos ánimo para que sigades por este bó camiño que levades. Grazas e tédesnos para o que esté nas nosas máns.

viernes, 18 de abril de 2008

IV EDICIÓN DEL CAMPEONATO DE PESCA AGUADULCE "OS CASULLOS"

El próximo 18 de mayo del 2008 tendrá lugar la IV edición del campeonato de pesca de agua dulce organizado por el club de pesca deportiva "OS CASULLOS"

Como en anteriores ediciones el lugar será el embalse de Cachamuiña y el desarrollo de la prueba será:

Lugar de encuentro para el sorteo de puestos y toma de posesión del numero de participante en la compuerta del embalse al lado de la caseta de control de caudal de agua.

El sorteo comenzara a las 08:30 de la mañana.

El concurso dará comienzo a las 9:00 de la mañana y finalizara a las 1:30.

Tras la finalización de la pesca tendrá lugar el pesage y puntuación.

Comida en el restaurante VIAL para los participantes, entrega de premios y regalos a todos los participantes, fotografía para el recuerdo y clausura del concurso.
Premios:
1º CLASIFICADO
2º CLASIFICADO
3º CLASIFICADO
PESCADOR MAS JOVEN
PESCADORA MAS JOVEN

Las inscripciones estarán disponibles en Armería Jardín desde el día 11 de Abril asta el día 11 de Mayo.

El precio de la inscripción será de 10 EUROS.
PARA MAS INFORMACIÓN PONERSE EN CONTACTO EN EL CORREO: INFO@OSCASULLOS.COM O EN EL TELEFONO 679947293

martes, 15 de abril de 2008

CLASIFICACIÓN CAMPEONATO SURFCASTING PAREXAS LAXE 2008


Comunicado III Campeonato de Pesca da Terra de Melide

Martes, 15 de Abril do 2008
O III Campeonato de pesca da Terra de Melide, organizado pola Asociación de Troiteiros "Rio Furelos", no cal participou o Clube de Pesca do Barbanza, foi todo un éxito de participación e colaboración, pois aínda que só había 15 permisos para participar, as inscricións para o mesmo superaron as do ano anterior (60 en total).
A pesar de ser tan só a III edición do campeonato, podemos confirmar a súa consolidación como actividade de gran aceptación entre os afeccionados á pesca, o que garante as futuras edicións. Os participantes gozaron do seu respectivo tramo de rio de 600 metros debidamente sinalizado e os non tan afortunados fixeron labores de colaboración coa organización, de xuices e acompañantes.

Xavier Pazo, presidente do colectivo, indica que aínda que o río levaba moita auga, polas últimas choivas caidas, o número de capturas tamén superou ás do ano anterior (122 troitas), pescadas a maioría delas á culleriña, á mosca afogada e ninfa, pois o cebo natural non está permitido. A competición foi máis competida que no ano anterior, demostrando que o río se está a recuperar pouco a pouco, o que se deduce das pezas capturadas.

Rematada a xornada de pesca, celebrouse un xantar no que se fixo entrega de premios, trofeos e material de pesca a todos os participantes.

Os tres primeiros postos, e polo tanto os gañadores desta III edición foron:

Jorge Pazo Sánchez
Diego González Lirio (Troita máis grande)
Jesús Rouco Varela


OS 7 MAGNÍFICOS (PESCADORES DE TROITAS DA MEDIDA).




Dende aquí darlle as grazas pola excelente organización e polo estupendo trato que se nos dispensou por parte de tódolos membros da Asociación de troiteiros de Furelos, especialmente ó seu Presidente Xavier, a Xan e a Suso.

jueves, 10 de abril de 2008

Hoxe Sae Publicada no Diario Oficial de Galicia a ORDE DO 31 DE MARZO POLA QUE SE REGULA O RÉXIME DE CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS NO ANO 2008 E SE PROCEDE Á SÚA CONVOCATORIA.

Mais información pincha no seguinte link: http://www.xunta.es/dog/Dog2008.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/242f8e11fe7ae8eac1257426004ae34b/$FILE/06900D007P030.PDF

MAL COMENZO NA PESCA DA TROITA


Sorte dispar e opinions para todolos gustos respecto da apertura dunha nova tempada de pesca en Galicia, marcada especialmente polos baixos caudales debido sobre todo á ausencia de choivas neste inverno, e como non, pola contaminación dalgunhas áreas fluviais da Comunidade.


Na zona de "A Ponte Maceira" a alta repoboación parece que está a dar os seus froitos, e ainda que non se completan os cupos, sí houbo algunha que otra boa captura. ¿Verdad Ramón?

miércoles, 9 de abril de 2008

CREACIÓN DO COUTO DE PESCA DE ROIS


Resolución do 14 de marzo de 2008, pola que se crea o couto de pesca de Rois.

Resolución.

De conformidade con todo o anterior, resolvo crear o couto de pesca de Rois, cos límites e a normativa que a seguir se establecen:

Ríos: rego de Buxán, río Baleirón ou Liñares e río de Rois.
Concello: Rois.
Límites superiores: desembocadura do rego do Vispeiro no rego de Buxán e desembocadura do rego do Ribeiriño no río Baleirón ou Liñares.
Límite inferior: desembocadura do río de Rois no río Sar.
Lonxitude aproximada: 9,3 km.
Clasificación: couto de troita.
Permisos diarios: 8 en xornadas laborables e 14 os sábados, domingos e festivos.
Categoría dos permisos: permisos de pesca sen morte os martes e permisos de terceira categoría noutras xornadas hábiles.
Cota de captura: 6 troitas por pescador e xornada, agás en xornadas de pesca sen morte.
Tamaño mínimo da troita: 19 cm.
Inicio da tempada de pesca: o inicio xeral da tempada da troita no tramo comprendido entre os límites superiores do couto e a presa da praia fluvial de Seira, e o 1 de maio no tramo final do couto, nunha lonxitude aproximada de 0,8 km.

De conformidade co disposto no artigo 15 do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (Decreto 130/1997, do 14 de maio), inclúense no couto de pesca os 100 m finais de todos os afluentes existentes no tramo acoutado. Contra esta resolución caberá, de conformidade cos artigos 107.1º, 114 e 115 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a interposición do recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.

lunes, 7 de abril de 2008

CONVENIO DE COLABORACIÓN CO "CHASULA"

El pasado día 30 de marzo el Club de Pesca do Barbanza firmó un convenio de colaboración con el patrón del barco "CHASULA" Don Isidro Mariño, acuerdo por el cual, el Chasula se utilizará para todo tipo de actividades lúdico-pesqueras del club y como sede de los campeonatos clasificatorios de pesca embarcada de los miembros de dicho Club.

MOMENTO DEL ENCUENTRO

El convenio se realizó en una reunión en Cambados realizada el pasado 30 de marzo, a la que asistieron el Presidente del Club Don José Manuel Rey, el secretario Don Jesús Bahamonde, y tesorero Don Luis Peláez, junto con el patrón Isidro Mariño, y el Jefe de Prensa del Chasula, José Luis Lago.

MOMENTO DE LA FIRMA DEL ACUERDO

Más información en el blog del "CHASULA" http://chasulapesca.blogspot.com