martes, 15 de abril de 2008

Comunicado III Campeonato de Pesca da Terra de Melide

Martes, 15 de Abril do 2008
O III Campeonato de pesca da Terra de Melide, organizado pola Asociación de Troiteiros "Rio Furelos", no cal participou o Clube de Pesca do Barbanza, foi todo un éxito de participación e colaboración, pois aínda que só había 15 permisos para participar, as inscricións para o mesmo superaron as do ano anterior (60 en total).
A pesar de ser tan só a III edición do campeonato, podemos confirmar a súa consolidación como actividade de gran aceptación entre os afeccionados á pesca, o que garante as futuras edicións. Os participantes gozaron do seu respectivo tramo de rio de 600 metros debidamente sinalizado e os non tan afortunados fixeron labores de colaboración coa organización, de xuices e acompañantes.

Xavier Pazo, presidente do colectivo, indica que aínda que o río levaba moita auga, polas últimas choivas caidas, o número de capturas tamén superou ás do ano anterior (122 troitas), pescadas a maioría delas á culleriña, á mosca afogada e ninfa, pois o cebo natural non está permitido. A competición foi máis competida que no ano anterior, demostrando que o río se está a recuperar pouco a pouco, o que se deduce das pezas capturadas.

Rematada a xornada de pesca, celebrouse un xantar no que se fixo entrega de premios, trofeos e material de pesca a todos os participantes.

Os tres primeiros postos, e polo tanto os gañadores desta III edición foron:

Jorge Pazo Sánchez
Diego González Lirio (Troita máis grande)
Jesús Rouco Varela


OS 7 MAGNÍFICOS (PESCADORES DE TROITAS DA MEDIDA).




Dende aquí darlle as grazas pola excelente organización e polo estupendo trato que se nos dispensou por parte de tódolos membros da Asociación de troiteiros de Furelos, especialmente ó seu Presidente Xavier, a Xan e a Suso.

No hay comentarios: