sábado, 28 de septiembre de 2013

domingo, 15 de septiembre de 2013

OPEN BLACK BASS 2013

O primeiro día do mes de setembro tiña lugar nos encoros de Castrelo de Miño e Frieira o Open Black Bass 2013. Como tódolos anos a expedición do noso Club foi a mais numerosa, xa que tanto polo número de practicantes que temos na pesca deste peixe, como polos resultados que se dan cada ano nesta competición, parece que o black bass fora unha especie orixinaria do Barbanza. O día presentábase expléndido e a temperatura foi subindo pouco a pouco ata acadar os 40º. Esto fixo que houbera que pelexar, non só cos peixes, senón tamén cos elementos climatolóxicos. Non importa cando se trata deste peixe. O resultado final foi, un primeiro posto en infantís, e un primeiro, terceiro e cuarto posto en seniors, o cal  significa que tres dos catro membros da Selección Galega nesta modalidade que participarán no vindeiro Campionato de España serán do  Club de pesca do Barbanza. Noraboa a todos.




jueves, 12 de septiembre de 2013

O Club de Pesca do Barbanza no XVI CAMPIONATO INFANTIL "CIDADE DE A CORUÑA" - "II MEMORIAL RIPAMONTI"

O pasado 24 de agosto tivo lugar na cidade de A Coruña o XVI CAMPIONATO INFANTIL "CIDADE DE A CORUÑA" - "II MEMORIAL RIPAMONTI". Ata alí desprazouse unha expedición do Club para tomar parte nunha competición con 70 participantes. Os resultados, como sempre, foron excelentes, cabe destacar o  4º posto de Sara en Alevins e de Dani en Infantís. Diana (7º), María(10º) e Alex completaron a expedición.

miércoles, 11 de septiembre de 2013

7º TROFEO MAR COSTA ROCK FISHING FESTAS DO ROSARIO



V OPEN DE CARPA DO RIBEIRO


Estimado amig@ pesc@: 
Dirixome a ti en nome da Agrupación Deportivo Natural de pesca de Ribadavia para convidarte a participar no V OPEN DE CARPA DO RIBEIRO que terá lugar o vindeiro domingo 22 de setembro en Castrelo de Miño. Sería unha horna para nos poder contar coa túa participación asi como dos demáis compoñentes do teu club neste evento no que haberá dúas modalidades, PESCA LIBRE e PESCA EN POSTO, con premios para os tres primeiros clasificados de cada unha e agasallos para todos. Envioche adxunto o cartel coas bases do concurso ao tempo que che pido que lle des a maior difusión posible. Esperando contar coa túa presencia recibe un cordial saúdo 
Gabriel Fernández 
Presidente A.D. Natural de Ribadavia 
Tlf.: 699954985 - gabriel@adnpescaribadavia.es

jueves, 5 de septiembre de 2013