lunes, 18 de noviembre de 2019

I XORNADA SELECTIVO HOMES E 1 XORNADA AUTONÓMICO DAMAS





O día 16 celebráronse as dúas primeiras mangas do Selectivo Mar Costa Homes e Autonómico Damas.
A praia de Langosteira en Fisterra foi o esceario elexido, despois do cambio  por mor das duras condicións meteorolóxicas que fixeron imposibel a súa celebración, tanto na praia elexida en principio coma na data.
O tempo semellaba que daba un respiro, tras unha semana de duras condicións climatolóxicas.
O mar estaba perfecto, limpo, sen algas nin mar de fondo, e que tras o paso da fronte prometia peixe,
e a praia non defraudou, muxos, bogas robalizas, chepas (bruxas lle chaman en Fisterra), melgachos, algún congro, aligotes ou panchos, e as pezas mais curiosas, tres douradas.
Na primeira manga o tempo foise comportando, pero cara o final cerrouse en auga, o vento de cara, o que fixo que a segunda manga fose dura, cos deportistas empapados. Ainda así forón quen de demostrar por qué son a élite do noso deporte.
A nosa Pilar

Rosa


Angeles

Sandra

Maria Dolores

Julia


Ionela

Raquel
Clasificación Parcial das dúas primeiras Mangas


Pola outra banda, os homes


O noso Óscar


































Clasificación Parcial das dúas primeiras Mangas


As espadas seguen no alto a espera do definitivo resultado












lunes, 4 de noviembre de 2019

CAMPIONATO MAR COSTA DAMAS CAPTURA E SOLTA


Un ano mais, as nosas representantes foron ó mediterráneo a demostrar que de pesca de competición saben un rato, avaladas polos seus capitans, Óscar Beceiro e Nacho Granda, grandes competidores, coma primeiros espadas, sin olvidar a David Barreiro e Victor Serantes, todos baixo os coidados de D. Augusto, que coma dice él mesmo "coida das suas meninas"
 A expedición ó completo

Loitaron coma acostuman, contra vento e marea, case mellor dito, contra vento e choiva, derono todo por revalidar os triunfos acadados, baixo a batuta dos capitans, as nosas representantes xuntaron a súa experiencia e saber facer para demostrar, unha vez mais, que estan a altura, e  deixarono moi claro.
Un gran ambiente, boa sintonia, todas a unha. Ainda que o resultado non foi o buscado, estas deportistas demostran, ano tras ano, a súa valía.
A na manga de entrenamento que fixeron, marcou a estratexia a desenrolar perante o Campionato




Pero as condicións cambiaron, e o probado non funcionou todo o ben que se contaba, cambio de extratesia, capitans e deportistan andiveron lixeiros, e volveron a estar a tiro de podium, mais nun Campionato de este nivel non se pode unha despistar, ningunha deportista e manca, e ao fin non poido ser.
Merecida Quinta posición acadada por Raquel, que sube a Alta Competición Nacional, a nosa sinceira noroboa, Rosa mantén a categoría, e desgraciadamente, Zaida e a nosa Pili, perdérona, pero xa sabemos que ambas van voltar a acadala o ano que ven. E Angeles demostrou que o seu e a pesca, non perdendolle a cara ao Campionato en ningún momento.















Noraboa a tódalas participantes, pola súa entrega e deportividade, aos seus capitans  e acompañantes, e coma non a D. Augusto Pires, incansabel sempre.
E coma non a Sandra Gómez Pimpollo polo Campionato acadado