martes, 5 de julio de 2016

CAMPIONATO AUTONÓMICO EMB. FONDEADA XUVENIL

Numerosa representación do Club Barbanza no Campionato Autonómico Emb. Fondeada Xuvenil,
Un día fantástico de sol e calor, amortecido por un vento ás veces molesto, pero que permitía a práctica do noso deporte. Os ventos do norte nunca foron bos para a pesca, pero aínda así, os nosos bravos representantes aplicáronse en conseguir capturas... e conseguíronas. Aos poucos foron arrincando das profundidades aos seus moradores, julias, maragotas, sargos, serranos...ata un dobrete de lanzones foron alojandose nos cubos dos nosos deportistas.








Ao fina Maria Rey piso Podium, acompañanado a Diego (Campión) e Yago (Subcampión), aos cales felicitamos desde aquí.
Non queremos deixar de felicitar a todos os patróns e á Taberna dá Anchoa e en especial Raúl e Manolo, por facernos tan agradable nosa estancia en Fisterra.

Tamén queremos felicitar a todos os deportistas que participaron , o mesmo día, en categoría Absoluta polo seu deportivo comportamento, e en especial ao que subiron a Alta Competición, e aos gañadores da proba Daniel Fernández (Campión), Francisco Luís Moreno (Subcampión) e Juan Carlos do Val (terceiro clasificado)