jueves, 15 de junio de 2017

SEMANA VERDE DE SILLEDA

Os días 8,9,10 e 11 celebrouse en Silleda a SEMANA VERDE, e como vén sendo habitual, a Feira de Caza e Pesca, e o noso Club participou activamente,
O domingo foi o día que levamos a cabo un taller de montaxe de baixos para surfcasting e montaje de moscas
Gran afluencia de público, como xa é habitual neste importante evento








Foi unha xornada entretida, na cal fomos ensinando a montaxe de baixos, paso a paso, ante a atenta mirada de afeccionados e espontáneos, e na que tratamos de aclarar as dúbidas que nos foron suscitando, así como o porqué de utilizar uns materiais, o porqué dos distintos tipos de anzois, cando utilizar os elevadores de cebo, zonas de pesca... un día no cal gozamos doutra forma da nosa afición, da man dos nosos compañeiros foron saíndo distintos tipos de baixos para surfcasting e variadas moscas, ata de tamaños increíblemente pequenos.

V OPEN AUTONÓMICO “TERRA DE LEMOS”

                                              V OPEN AUTONÓMICO “TERRA DE LEMOS”
                                                   COUTO DE MONFORTE- RÍO CABE
                                                             SALMÓNIDOS LANCE

                                                                 25-XUÑO-2017

PROGRAMA
10:30 Concentración e recepción dos participantes na área recreativa de Ribasaltas en Monforte. (Estrada de Lugo a Monforte LU-546) .
11:30 Inicio da competición para os Benxamíns e Infantís.
13:30 Fin da proba.
14:00 Xantar pic-nic.
16:00 Inicio competición Xuvenís
18:30 Fin da proba.
19:00 Clasificacións, entrega de trofeos e peche da competición.

                                                                      BASES

A Competición desenvolverase nas seguintes modalidades:
-BENXAMÍN: Ata os 11 anos, cumpridos no ano da competición.
-INFANTÍS: Máis de 11 anos e ata os 14 anos, cumpridos no ano da competición.
-XUVENÍS: Máis de 14 anos e ata os 18, cumpridos no ano da competición.

O Comité determinou que o Campionato se desenvolverá a culleriña e mosca con buldó (máximo
3 moscas). Os anzois, tanto das moscas como das culleriñas deberán estar desprovistos de
arponciño ou semellante, ou ben telo totalmente inutilizado, de xeito que non fagan resistencia
algunha ó desanzolado.
As capturas, unha vez medidas polo control, serán devoltas vivas ao seu medio. A Organización
proverá ós deportistas do correspondente medidor. Serán válidas tódalas capturas.
O non previsto nestas normas rexerase polo Regulamento de Competición da Federación
Española de Pesca y Cásting, e medidas que se establezan na reunión de Delegados e polo
propio Xurado da Competición.
A fin de garantir a seguridade dos menores, na categoría benxamín, poderá esixirse a presenza
de algún familiar do participante durante o tempo que dure a competición.
A organización adoptará as medidas que salvagarden a responsabilidade non deportiva dos
Organizadores, en particular esixirase autorización por escrito dos pais ou representantes legais
dos participantes.
Todos os participantes deben estar en posesión da correspondente licenza federativa e da
licenza galega de pesca fluvial en vigor.
As inscricións faranse nas Delegacións Provinciais da F.G.P. A data límite de inscrición é o
mércores 21 de Xuño de 2017.
Asinado: Jesús F. Bolaño García
Presidente do Comité de Salmónidos da FGP

jueves, 1 de junio de 2017

CAMPIONATO PROVINCIAL MAR COSTA 2017

Trala gran actuación da nosa compañeira Pilar no Nacional Mar Costa, no cal logro o ascenso, por segunda vez, á Alta Competición Nacional e proclamarse Campioa de España por Seleccións,

O noso compañeiro Jesús Bolaño, tras unha boa actuación no Campionato de España , logrou un meritorio cuarto posto no Autonómico de Salmónidos Mosca, non podía haber dúas sen tres e para iso estaba preparado o noso compañeiro Oscar Arosa


O Campionato Provincial Mar Costa prometía, cun pouco de choiva fina recibiunos a praia de Langosteira, o día parecía propicio para a pesca dos múgiles, pero estiveron moi repartidos, ou concentrados, algún participante logrou un triplete, e a tónica foi de múgiles repartidos polos distintos sectores e poñerse a traballar para evitar o temido cero. Así foron saíndo chopas, agullas e escachos, que foron conformando a clasificación, ata un ballesta sacou o noso compañeiro, alzándoo a primeiro do seu sector e un terceiro de praia. A sorte do sorteo lle deparó o mesmo posto para a segunda manga, e alí defendeu a súa clasificación, esta vez saíron múgiles, chopas, peóns, xardas, jurelos, algunha boga, algún congrio e algún melgacho, pero non en abundancia, ao principio moi lonxe, despois, ao ir baixando a marea máis preto, aos poucos iámonos achegando ao final do Campionato , e tralo pesaje confirmáronse os nosos cálculos, Oscar segundo de sector, o cal alzábao á terceira posición do Provincial, mentres Pablo Camera lograba alzarse co Campionato, seguido do seu compañeiro de Club José Naveira, a quenes felicitamos dende aquí, os dezaoito primeiros clasificados veranse as caras no Autonómico. Enhorabuena a todos e ánimo aos que, malia os seus esforzos, non puideron clasificarse.

MEMORIAL ROUCO

Boa participación nesta nova edición do Memorial Rouco, un ano máis nos desprazamos ao Club Fluvial de Lugo para participar dunha xornada de pesca organizada polo Club A Venatoria de Lugo














Todo indicaba unha gran xornada, e non fallou, os peixes tamén quixeron unirse á celebración
Os nosos deportistas demostraron a súa boa man, copando os primeiros postos







E tras tanto esforzo, nada mellor que unha reparadora comida para recuperar forzas.
As nosas felicitaciones ao Club A Venatoria de Lugo, organizadora deste evento, que un ano tras outro nos fai gozar do noso deporte, aos Clubs participantes, que co seu bo facer fomentan o noso deporte, e a todos os participantes, que seguen demostrando que só son pequenos en tamaño.