lunes, 26 de junio de 2017

V OPEN TERRA DE LEMOS


Como non podía ser doutro xeito, o noso Club presentou unha nutrida representación a tan emblemática cita, arroupados polo Club Val de Lemos, a quen felicitamos polo seu esmero e saber facer e baixo o auspicio da Federación Galega de Pesca e Casting, trasladámonos ao río Cave, nas inmediacions de Monforte,
A pesar do madrugón, o ambiente de festa era evidente.

 Sorteo de postos e os nosos Benxamines e Infantís, dirixíronse aos tramos asignados

Gran escenario, que debido á falta de choivas, non levaba a auga que debería, dificultando a acción de pesca.
Culleriñas lixeiras, e finas líneas, buscaron con ahínco as esquivas troitas, pero forón os buldos con moscas e ninfas as que conseguion arrincar algunha captura, que previo paso polos medidores foron devoltas ao seu medio, en perfecto estado.
Tras unha xenial comida campestre, tócoulle a quenda aos nosos Xuvenís. Máis do mesmo, tramos con pouca auga e as troitas escindidas, impoñíase o sigilo na súa pesca, e de novo o éxito foi desigual.
Finalizadas as mangas, chegou o esperado momento da entrega de trofeos



















E o noso Club fíxose con dous primeiros nas distintas categorias


Noraboa a todolos participantes, e especialmente aos gañadores, grazas á organización, coa inestimable axuda do Club Val de Lemos, por levar adiante estos Campionatos que nos dan a oportunidade de fomentar o noso deporte entre a nosa mocidade.


No hay comentarios: