martes, 21 de julio de 2009

XXXV CONCURSO SOCIAL DE CIPRINIDOS "FESTA DO ESCALO"















O pasado sábado 19 de xullo A Venatoria de Santiago, organizou unha vez mais, e xa van 35 edicións, o concurso de pesca de ciprínidos coincidindo coa Festa do Escalo en Chaián. Déronse cita nesta ocasión 42 cañistas que a pesar de atoparse con un tempo revolto e pouco propicio para a pesca dos citados peixes, acadaron a suma final de 50 kilos de peixe. A clasificación final nas distintas modalidades foi a que segue:
CLASIFICACIONS FINAIS- 19/07/2009
EQUIPOS
EQUIPO:"CHAPISTERIA FERRO" PESO/PUNTOS POSTO 1º
JOSE MANUEL FERRO LAMELA 1705
JUAN C. ORDOÑEZ LIÑARES 2930
JORGE SUAREZ FERNANDEZ 3075
RUBEN BOQUETE VARELA 4180
TOTAL PUNTOS 11890

EQUIPO "TALLERES MOSTEIRO A" PESO/PUNTOS POSTO 3º
JOSE M. COUTO GUNDIN 615
ALBERTO BLANCO ENJAMIO 845
SANTIAGO CASTRO CAJIDE 2690
MANUEL CAJIDE RAMOS 415
TOTAL PUNTOS 4565


EQUIPO:"TALLERES MOSTEIRO B" PESO/PUNTOS POSTO 2º
ANTONIO MOSTEIRO TORRES 0
MANUEL A. MOSTEIROCARBIA 2095
ANTONIO TOUCEDA LOUREIRO 2910
MANUEL BLANCO ENJAMIO 640
TOTAL PUNTOS 5645

EQUIPO:"TALLERES MOSTEIRO C" PESO/PUNTOS POSTO 4º
RAMON ANDUJAR SANJIAO 1880
SERGIO NODAR CARBIA 1650
RUBEN PAMPIN SANCHEZ 195
155
TOTAL PUNTOS 3880

EQUIPO: "PORRIÑO" PESO/PUNTOS POSTO 5º
JOSE MANUEL VILAS CIMADEVILA 1025
FERNANDO VILA FERNANDEZ 210
RUBEN VILAS CIMADEVILA 655
RICARDO JAVIER HEDREIRA FERNANDEZ 560
TOTAL PUNTOS 2450

INDIVIDUAL
POSTO NOME E APELIDOS PESO/PUNTOS
1º YAGO LEIS VENTOSA 2510
2º LINO LOPEZ ALDREY 1190
3º MANUEL RENDO LOPEZ 1080
4º SANTIAGO LEIS VENTOSA 895
5º MANUEL GALANTE MOSQUERA 880
6º CRLOS RODRIGUEZ OTERO 170
7º RICARDO RODRIGUEZ AMBRUÑEIRAS 130
8º JOSE BREA NOUCHE 0
9º ENRIQUE PRESEDO SANCHEZ 0
10º JESUS VILARIÑO PAZ 0
11º JOSE LUIS BREA GOMEZ 0
12º JOSE MOSQUERA POMBO 0
13º MANUEL MOSQUERA POMBO 0
14º NARCISO PEREZ GIGIREY 0

DONAS
POSTO NOME E APELIDOS PESO/PUNTOS
1ª MARIA DOLORES CHAO GARCIA 250
2ª JESUSA CASTRO ABRUÑEIRAS 230
3ª CARMEN MOSQUERA HUZAL 185

INFANTIL
POSTO NOME E APELIDOS PESO/PUNTOS
1º MARTIN MOSQUERA LOPEZ 255
2º DANIEL REY GARCIA 230
3º JESUS CURROS ALVAREZ 230
4º FRANCISCO GIL PARAMOS 135

















XUVENIS
POSTO NOME E APELIDOS PESO/PUNTOS
1ª MARIA CURROS ALVAREZ 155
2º MANUEL MOSQUERA LOPEZ 30

DESTACAR O TROFEOS "KIAS" QUE FOI ENTREGADO A: RUBEN BOQUETE VARELA
POR SER O DEPORTISTA CON MELLOR PUNTUACIÓN XERAL

COMUNICADO DE PRENSA ASOCIACIÓN DE TROITEIROS “RIO FURELOS”




O pasado sábado día 18 a Asociación de Troiteiros Río Furelos, celebrou o seu IV DÍA DO SOCIO, reunindo a máis de 100 socios nun xantar, que se celebrou no BAR RIO da área recreativa da praia Fluvial do Río Furelos en Melide.
Fíxose un repaso das actividades realizadas durante estes 4 anos de existencia da asociación e tamén se aproveitou para lles lembrar aos socios a celebración das V XORNADAS DE LIMPEZA (que se celebrarán, como vén sendo tradicional, o derradeiro sábado de agosto e os dous primeiros de setembro), animando aos presentes a participaren nas mesmas.
Así mesmo, no día de hoxe, presentouse ante o concello de Melide un escrito solicitando que:
• Se reforcen as medidas de seguridade nas comportas da presa do Ruzo (Praia Fluvial) mediante puntos de soldadura, xa que os candados desaparecen constantemente deixando abertas as comportas, provocando o baleirado da devandita presa co conseguinte secado de río e arrastre de lodos que non está permitido.
• Que se poñan carteis avisando ao público de que non é recomendable bañarse nesa zona pola citada capa de lodos depositados nese treito do río, que se poden ollar a simple vista.

Asdo. Xavier Pazo Blanco
Presidente Asociación de Troiteiros Río Furelos
Melide a 20 xullo de 2009

lunes, 20 de julio de 2009

III CONCURSO DE PESCA A MOSCA SANTIAGUIÑO DO MONTE


Cuarenta pescadores tomaron parte en el concurso padronés. El ganador fue Carlos Gesto de la Sociedad de Santa Comba con 18 truchas. Le siguió Luís Piñeiro del Club W. Latorre con 14 pintonas y el tercer clasificado fue Diego Rodríguez de la Sociedad Río Mandeo con 12 capturas.
El concurso se desarrolló bajo la modalidad de pesca sin muerte.
El escenario de la competición fueron los cotos de Padrón en el Río Sar y el de Rois en el río del mismo nombre.
Lo verdaderamente sorprendente de la edición de este año fue la captura y suelta de 219 truchas, más aún teniendo en cuenta la situación de grave contaminación que presenta el Sar.
El Rois, a pesar de llevar poca agua y muy cristalina, lo que dificultó la acción de pesca, se comportó en capturas demostrando que no acusa en exceso la presión a la que se le sometió este año.
Los trofeos del concurso son diseño de Pepe Míguez y Desigual.

lunes, 13 de julio de 2009

III SELECTIVO DE PESCA A MOSCA. CAMPEONATO SOCIAL DO CLUB LONDRA DE ROIS


Ven de celebrarse este fin de semana o III Selectivo Social de pesca a mosca do Club Londra de Rois, tendo como esceario da proba o couto de Rois. Nesta proba a participación non é tan alta como noutras que organiza este Clube, pois esta disciplina deportiva no ámbito da pesca non conta en Rois con moitos adeptos, pese a esto a xornada resultou exitosa e o caracter conservacionista dos que practican este tipo de modalidade deportiva fíxose notar, pese a ter estos permiso para extraer as troitas, decideuse que o campeonato se levase a cabo na modalidade de pesca sen morte e optouse por devolver as capturas o seu medio natural, detalle que engrandece este deporte e sen dúbida os participantes neste campeonato. Despois de elaborar a clasificación unha vez rematado o concurso que se levou a cabo en duas mangas a tramo descansado, degustáronse uns pinchos no restaurante bar Liñares en donde se entregaron os premios. Os irmáns Eduardo e Martín Seco Velo que acadaron a segunda e terceira posición respectivamente, acompañaron no podium a Rafael De La Iglesia Gómez que se fixo coa victoria por segundo ano consecutivo. Destacar a participación e o tesón dos irmáns Seco Velo, que levan unha proxección ascendente imparable e xa se preparan para participar no vindeiro fin de semana no III Campeonato de pesca a mosca Santiaguiño do Monte, que terá como escearios os cotos de Padrón e Rois e donde se darán cita as mellores canas do pais nesta modalidade.

CLAUSURA DO CURSO DE PESCA CON COLA DE RATA CELEBRADO POLO CLUB DE PESCA LONDRA DE ROIS



O pasado sábado o Club LONDRA de Rois, clausuraba o Curso de lance e pesca con cola de rata e montaxe de moscas que se levou a cabo durante todo o mes de xuño e que remataba ca entrega de diplomas os participantes. Este curso que se distribueu en doce horas teóricas e doce prácticas, abarcou dende o coñecemento de todo o material necesario para esta técnica, a súa utilización e composición, pasando polo montaxe de moscas nas horas teóricas, e nas prácticas estivo marcado pola mellora e coñecemento dos lances e as diversas situacións que o pescador se pode encontrar no río. A Clausura, que tivo como marco o auditorio municipal, estivo presidida polo Concellal de Medio Ambiente Manuel Cobas Rey e o Director do curso Rafael De La Iglesia Gomez, xunto co Presidente do Club Antonio Gestoso, estos coincidiron e valoraron a celebración deste curso como unha oportunidade de introducirse no mundo da pesca deportiva, ou para os que xa o están, unha ocasión para perfeccionar as técnicas de pesca nesta modalidade. A participación, maioritariamente de pescadores en categoría xuvenil, aporta o Clube LONDRA un plus na formación da súa canteira, sempre coa colaboración do mestre Rafael De La Iglesia. O Clube LONDRA, agradece a colaboración do Concello de Rois e da Federación Galega de Pesca así como o Clube de Futbol Ribasar pola cesión das súas instalacións para as xornadas prácticas.




NOTA DE PRENSA DO IX CAMPIONATO DE PESCA DEPORTIVA "CIDADE DE NARON"

INTRODUCCIÓN

O pasado 4 de xullo de 2009 celebrouse, como xa de é costume nos últimos anos, o IX Campionato de Pesca Deportiva “Salmónidos Mosca - Cidade de Narón”, patrocinado polo concello de Narón.

DESENROLO DA PROBA

O desenrolo da proba tivo lugar nos coutos de “Xuvia” e “San Sadurniño”, ambos do río Grande de Xuvia, comezando as 9:00 e rematando as 20:00 horas, coa correspondente comida, cena, establecemento da clasificación e entrega de trofeos.
Cabe destacar que no presente torneo a pesca realizouse sen morte, e dicir, as pezas unha vez pescadas eran medidas e inmediatamente devoltas a auga.


PARTICIPANTES

Participaron neste torneo 24 pescadores, a meirande parte da comarca, onde se contemplaban tódalas categorías, aínda que non se presentou ninguén pertencente a categorías infantís e xuvenís. En tódolos casos intentamos fomentar, ademais da práctica desta actividade por parte dos rapaces e rapazas, a protección dos ríos e o seu entorno, un ben natural que debemos coidar para o goce de todos.


RESULTADOS E CLASIFICACIÓN

Proclamouse campión, na categoría absoluta, desta IX edición Rafael Bellas Bermúdez, o segundo posto foi para José Manuel Baldonedo Vidal e o terceiro posto foi acadado por Carlos Alberto Sánchez Martínez. O trofeo á peza maior foi acadado por Oscar Gayoso Castro.

Os tres primeiros clasificados xunto co cuarto e quinto, son quenes representarán a Sociedade de Caza e Pesca de Xuvia no campionato Provincial “Salmónidos Mosca “ do 2009.
Reseñar tamén que se clasifican para o OPEN MIGUELPESCA, que se celebrará neste mismo escenario competitivo en data 5 de Setembro, os seguintes pescadores:
JOSE M. BALDONEDO
CARLOS A. SÁNCHEZ
LUIS SOBRADO
MIGUEL PRIETO
DANIEL MERA(entra por Rafa Bellas, clasificado por Waldemar)

ENTREGA DE PREMIOS

Logo de establecer a clasificación do evento, en función do nº de capturas acadado en cada unha das mangas, procedeuse a entrega de trofeos que se realizou na Taberna “O Carreiro”.

Sinalar tamén que este próximo fin de semana terá lugar en augas do Xuvia no couto de San Sadurniño o Selectivo autonómico de pesca con mosca 2009 organizado pola Federación Galega de Pesca, e no que colabora na organización a nosa sociedade, figurando como responsable técnico Alberto Mera.

Narón, 7 de Xullo de 2009

SOCIEDADE DE CAZA E PESCA DE XUVIA

III CONCURSO DE PESCA A MOSCA "SANTIAGUIÑO DO MONTE"


IV DÍA DO SOCIO DA ASOCIACIÓN DE TROITEIROS RIO FURELOS


A Asociación de troiteiros “Río Furelos” de Melide vén de convidar a todos os seus socios a unha xornada de pesca e un xantar no río Furelos para celebrar o IV aniversario.

Esta Asociación melidense non deixa de medrar e xa conta na actualidade con 351 socios.

Nesta xuntanza vaise facer un balance dos catro anos de vida da asociación e das numerosas actividades que levaron a cabo entre as que hai que salientar a limpeza do río Furelos e dos seus afluentes (Martagona, Catasol,Vilamor, Capela).

Estas limpezas deron como resultado que cada ano a cantidade de lixo que se recolle é menor, ademais da concienciación da población que no canto de levar a lavadora ao río, leva ao punto limpo.

Así mesmo, estase a coidar as veiras dos rios rozando, cortando e retirando as ramas e troncos secos, para evitar os desbordamentos chegada a epoca das enchentas.

Poden obter información para a incripción visitando http://www.riofurelos.es/


Atentamente:
Xavier Pazo Blanco
Presidente da Asoc. Troiteiros RIO FURELOS

miércoles, 8 de julio de 2009

A PRAIA FLUVIAL DE SEIRA QUEDOUSE PEQUENA PARA ACOLLER A V EDICIÓN DE LECER E PESCA.

Unhas trescentascincueta persoas aproximadamente, según Protección Civil, entre participantes e acompañantes abarrotaron as instalacións da praia fluvial de Seira na celebración da V EDICIÓN DE LECER E PESCA que organiza o Club de Pesca Deprotiva LONDRA. A tarde do pasado sábado quedouse pequena a praia fluvial de Seira para acoller a participantes e acompañantes. Desplazáronse a Seira Clubes de Pesca de todo Galicia para participar nos campeonatos de pesca desta V Edición, dende Monforte de Lemos, Ourense, Lugo, Marín, Santiago de Compostela, Padrón e Pontevedra cubriron o cupo de participantes, un total de oitenta pescadores nas categorías de infantil e xuvenil.
Durante a xornada, aparte dos campeonatos de pesca hubo talleres de montaxe de moscas co mestre Rafael De La Iglesia, de cucharillas a cargo de Cucharillas Edu, que agasallou con elas a todos os asistentes, exposicións fotográficas relacionadas co deporte da pesca, exposicións de material de pesca entre o que destacaba unha colección de carretes antiguos, etc. Logo de rematar os concursos de pesca todos os asistentes deron conta dunha boa merenda campestre e presenciaron as demostracións de lance e pesca con cucharilla por parte do Campeón Galego de Pesca José Rabuñal o cal seguiron os dous representantes da Selección Galega Xuvenil que fixeron unha exibición de pesca e lance con cola de rata, Julio Fernández e Martín Seco, momento no cal hubo unha tremenda expectación por ver a estos dous rapaces da comarca do Sar recen chegados de Valencia onde participaron no Campeonato de España, os cales foron recibidos con un caluroso aplauso por parte dos asistentes. De seguido Laura Seijo e o seu grupo puxeron a nota musical da xornada, facendo unha explendida actuación. Durante toda a tarde hubo unha discoteca movil amenizando a xornada. Para rematar este evento entregaronse os premios ós gañadores e sorteouse material de pesca entre os participantes, presidindo ditos actos o Alcalde de Rois, D. Ramón Tojo e o Vicepresidente da Federación Galega de Pesca D. José García.

Clasificación Final Xuvenil.
1º- SERGIO MACEDA CORUJO. da Sociedade Val de Lemos.
2º- UXIA LOPEZ CASTRO. da Sociedade Val de Lemos.
3º- BRAIS CASTAÑO ESPAÑA. do Club LONDRA.
4º- KRISTAN FERNANDEZ MARTINEZ. da Sociedade Val de Lemos.
5º- DAMIAN OTERO RODRIGUEZ. do Club LONDRA.
6º- OSCAR LOPEZ FERNANDEZ. da Sociedade Val de Lemos.

No campeonato infantil non hubo clasificación, todos os participantes tiveron o seu premio por igual.
Dende a Directiva do Club LONDRA, valoran moi positivamente esta V Edición de LECER E PESCA, pois do que tratan e de fomentar a pesca deportiva e responsable entre os mais cativos e o contacto destes coa natureza aprendendo a coidala e respetala, cousa que neste caso se logra con creces ano tras ano batindo cuotas de inscripción e asistencia de público. Agradecen tamén a colaboranción das diversas firmas comercias que aportaron agasallos para sortear entre os participantes,
a Consellería de Medio Ambiente que fixo unha solta de troitas, o Concello de Rois polo mantemento e cesión para este evento das instalacións da praia fluvial, os medios de comunicación que axudan a difundir este evento e todas as actividades que se levan a cabo dende esta sociedade e a todos os participantes e asistentes polo seu comportamento e gratitude co Club LONDRA, convertindo este acontecemento nun dos mellores a nivel autonómico.



lunes, 6 de julio de 2009


Bos días,
Coma tódolos anos, este ano imos celebra-la IV Festa do Río, a cal conta con numerosas actividades, actuacións e concursos entre outros. Este ano será o 1 e 2 de agosto e celebrarase nas inmediacións do Parque A Canuda.
Aquí vos envío as bases para participar no tradicional concurso de pesca.
Un saúdo



Yasmina Souto
Informadora xuvenil
Concello de Salvaterra de Miño
Praza da Constitución nº 1
36450 Salvaterra de Miño
Teléfs: 986 65 81 26 // 986 65 80 82 // 986 65 86 84
Fax: 986 65 83 60
turismo@concellodesalvaterra.org
omix@concellodesalvaterra.org
www.concellodesalvaterra.org

viernes, 3 de julio de 2009

IX CAMPIONATO DE PESCA DEPORTIVA "SALMÓNIDOS MOSCA - CIDADE DE NARÓN"














La “Sociedade de Caza e Pesca de Xuvia” organiza para el próximo 12 de julio el IX Campeonato de Pesca Deportiva “Salmónidos Mosca – Cidade de Narón”, que se celebrará en los cotos de Xuvia y San Sadurniño, ambos del río Grande de Xuvia.
En este torneo, que se prolongará a lo largo de todo el día, será en la modalidad de pesca sin muerte, es decir, una vez capturado el pez se mide, se desanzuela e inmediatamente es devuelto al agua.
La concentración para el inicio del campeonato será en la Cervecería Mesón “Márvil” a las 7:30 horas, donde se procederá al sorteo de tramos.
Destacar la participación de varios campeones de pesca deportiva a todos los niveles (autonómicos, provinciales y por su puesto sociales). Contará también con la presencia de varios miembros de la actual selección gallega de pesca con numerosas participaciones a nivel estatal en sus haberes. Se trata, por lo tanto, del campeonato social con mayor nivel de participación de Galicia, tanto a nivel cualitativo como cuantitativo.
Una vez finalizado el evento, se establecerá la clasificación definitiva, y se procederá a la entrega de trofeos en la Taberna “O Carreiro”. Serán los cinco primeros pescadores quienes se clasifiquen para participar en el campeonato provincial del próximo año.
También anunciar que en esta ocasión los cinco primeros clasificados tendran opción a participar en el I OPEN MIGUELPESCA, que se celebrará el 5 de Septiembre en este mismo escenario, con la dirección técnica a cargo de nuestra sociedad. En esta prueba se batirán los 5 primeros clasificados de los siguientes torneos: Cidade de Narón, Waldemar, Santiaguiño do Monte y Cibeira.