lunes, 13 de julio de 2009

IV DÍA DO SOCIO DA ASOCIACIÓN DE TROITEIROS RIO FURELOS


A Asociación de troiteiros “Río Furelos” de Melide vén de convidar a todos os seus socios a unha xornada de pesca e un xantar no río Furelos para celebrar o IV aniversario.

Esta Asociación melidense non deixa de medrar e xa conta na actualidade con 351 socios.

Nesta xuntanza vaise facer un balance dos catro anos de vida da asociación e das numerosas actividades que levaron a cabo entre as que hai que salientar a limpeza do río Furelos e dos seus afluentes (Martagona, Catasol,Vilamor, Capela).

Estas limpezas deron como resultado que cada ano a cantidade de lixo que se recolle é menor, ademais da concienciación da población que no canto de levar a lavadora ao río, leva ao punto limpo.

Así mesmo, estase a coidar as veiras dos rios rozando, cortando e retirando as ramas e troncos secos, para evitar os desbordamentos chegada a epoca das enchentas.

Poden obter información para a incripción visitando http://www.riofurelos.es/


Atentamente:
Xavier Pazo Blanco
Presidente da Asoc. Troiteiros RIO FURELOS

No hay comentarios: