miércoles, 8 de julio de 2009

A PRAIA FLUVIAL DE SEIRA QUEDOUSE PEQUENA PARA ACOLLER A V EDICIÓN DE LECER E PESCA.

Unhas trescentascincueta persoas aproximadamente, según Protección Civil, entre participantes e acompañantes abarrotaron as instalacións da praia fluvial de Seira na celebración da V EDICIÓN DE LECER E PESCA que organiza o Club de Pesca Deprotiva LONDRA. A tarde do pasado sábado quedouse pequena a praia fluvial de Seira para acoller a participantes e acompañantes. Desplazáronse a Seira Clubes de Pesca de todo Galicia para participar nos campeonatos de pesca desta V Edición, dende Monforte de Lemos, Ourense, Lugo, Marín, Santiago de Compostela, Padrón e Pontevedra cubriron o cupo de participantes, un total de oitenta pescadores nas categorías de infantil e xuvenil.
Durante a xornada, aparte dos campeonatos de pesca hubo talleres de montaxe de moscas co mestre Rafael De La Iglesia, de cucharillas a cargo de Cucharillas Edu, que agasallou con elas a todos os asistentes, exposicións fotográficas relacionadas co deporte da pesca, exposicións de material de pesca entre o que destacaba unha colección de carretes antiguos, etc. Logo de rematar os concursos de pesca todos os asistentes deron conta dunha boa merenda campestre e presenciaron as demostracións de lance e pesca con cucharilla por parte do Campeón Galego de Pesca José Rabuñal o cal seguiron os dous representantes da Selección Galega Xuvenil que fixeron unha exibición de pesca e lance con cola de rata, Julio Fernández e Martín Seco, momento no cal hubo unha tremenda expectación por ver a estos dous rapaces da comarca do Sar recen chegados de Valencia onde participaron no Campeonato de España, os cales foron recibidos con un caluroso aplauso por parte dos asistentes. De seguido Laura Seijo e o seu grupo puxeron a nota musical da xornada, facendo unha explendida actuación. Durante toda a tarde hubo unha discoteca movil amenizando a xornada. Para rematar este evento entregaronse os premios ós gañadores e sorteouse material de pesca entre os participantes, presidindo ditos actos o Alcalde de Rois, D. Ramón Tojo e o Vicepresidente da Federación Galega de Pesca D. José García.

Clasificación Final Xuvenil.
1º- SERGIO MACEDA CORUJO. da Sociedade Val de Lemos.
2º- UXIA LOPEZ CASTRO. da Sociedade Val de Lemos.
3º- BRAIS CASTAÑO ESPAÑA. do Club LONDRA.
4º- KRISTAN FERNANDEZ MARTINEZ. da Sociedade Val de Lemos.
5º- DAMIAN OTERO RODRIGUEZ. do Club LONDRA.
6º- OSCAR LOPEZ FERNANDEZ. da Sociedade Val de Lemos.

No campeonato infantil non hubo clasificación, todos os participantes tiveron o seu premio por igual.
Dende a Directiva do Club LONDRA, valoran moi positivamente esta V Edición de LECER E PESCA, pois do que tratan e de fomentar a pesca deportiva e responsable entre os mais cativos e o contacto destes coa natureza aprendendo a coidala e respetala, cousa que neste caso se logra con creces ano tras ano batindo cuotas de inscripción e asistencia de público. Agradecen tamén a colaboranción das diversas firmas comercias que aportaron agasallos para sortear entre os participantes,
a Consellería de Medio Ambiente que fixo unha solta de troitas, o Concello de Rois polo mantemento e cesión para este evento das instalacións da praia fluvial, os medios de comunicación que axudan a difundir este evento e todas as actividades que se levan a cabo dende esta sociedade e a todos os participantes e asistentes polo seu comportamento e gratitude co Club LONDRA, convertindo este acontecemento nun dos mellores a nivel autonómico.



No hay comentarios: