domingo, 5 de noviembre de 2017

AUTONOMICO DAMAS SELECTIVO HOMES MAR COSTA

Vimos de celebrar as últimas terceira e cuarta manga, definitivas para o interese de todolos deportistas participantes do Autonómico Damas Mar Costa 2017, especialmente a nosa representante Dna. Pilar Rey

 e Selectivo Homes, representados por o noso  D. Oscar Arosa

valederos ambos para acadar a clasificación para o Campionato Nacional Damas Mar Costa, Captura e solta, e o Nacional Homes Mar Costa, captura e solta , ademais no Selectivo Homes descenden os catro últimos clasificados.
Día que presentabase complicado no meteorolóxico, un vento do sur soplou os derradeiros días, que facian tener que oubera algazos no esceario elexido, pero , por enriba, no esceario alternativo a previsión falaba de ventos fortes do norte. Acordouse manter a praia de Langosteira coma xuíz d@s deportistas.
Un bonito día soleado mostrounos unha praia, que ainda que tiña algazo na area e en algunhas zoas, nos primeiros metros da agua, semellaba limpo. 

Os primeiros lances confirmaron a eleción da praia, atopábase limpa para o disfrute do noso deporte,
e algunhas capturas comezaron a  aparecer. Chepas, escachos, algunha boga comezaron a encher os cubos, ao final da primeria manga apareceron os cadelos, o final da primeira manga facianos pensar nunha entretida segunda manga, e os nosos compañeiros, loitadores incansables coma sempre, tiñan sorte dispar, un segundo de sector (4ª na xeral) no caso de Dna. Pilar acercaba mais a súa clasificación, mentras D. Oscar cun quinto de Sector (18 na xeral) facianos temer por él. Tiñamos que remontar.


Segunda manga de infarto, poucas capturas, as bogas aparecian moi soltas, alghún cabalón, unha raia, pero a conta gotas, as Damas loitaban pero poucas acadaban peixe, melgachos, alghun xurelo...tic tac o tempo ía correndo, os nervos na tona da pel.
O silbato finalizou a derradeira cuarta manga, e fumos ao pesaxe, a praia ditou sentenza.



 Non poido ser, o noso compañeiro e, xunto con outros tres grandes pescadores, o primeiro clasificado do Autonómico Mar Costa 2018, non temos dúbida que o ano que ven volveran a estar arriba, nos postos que merecen. Noraboa aos tres clasificados, que xunto a D. Ignacio Granda representaran a Galicia no Nacional Mar Costa , captura e solta 2018. D. Pablo Camera, D. José Antonio Naveira e D. Manuel Ares, gran representación, seguro que deixaran a bandeira da nosa Comunidade no mais alto.
Pero ainda nos queda a nosa representante, presa dos nervos perante a cuarta manga, xogabase a súa clasificación.
E aí esta, a nosa Pili acadou a clasificación para defender os colores de Galicia no próximo Campionato Nacional Damas Mar Costa 2018, captura e solta.

Xunto coa xusta gañadora Dna.  Rosa López , Dna. Julia Torres e Dna Zaida López, conformara a representación galega. Noraboa as catro, que xornada tras xornada veñen refrendando o seu saber facer .
Magoa a lesión da deportista Dna. Eva López, que impediulle demostrar, desta vez, a súa destreza nesta disciplina, os nosos mellores desexos dunha pronta recuperación
A noraboa a todolos participantes nestas duas probas, pola súa deportividade e gran ambiente xerado ao longo das catro mangas, a pesares que onte foi unha xornada de tensión polo que se xogaban, o comportamento, folga decilo, foi exemplar.