lunes, 28 de febrero de 2011

VIII XORNADAS DE LIMPEZA E RETIRADA DE REFUGALLOS NOS RÍOS DE ROIS LIMPEZA DO RÍO VALEIRÓN 26-2-2011
















Este sábado levouse a cabo a segunda cita das VIII XORNADAS DE LIMPEZA E RETIRADA DE REFUGALLOS NOS RÍOS DE ROIS, organizado polo CLUB LONDRA por oitavo ano consecutivo. Nesta segunda cita afrontouse a limpeza do río Valeirón na que participaron 23 persoas, entre pescadores e amantes da natureza, contando tamén coa participación de Protección Civil de Rois. Ás catro da tarde concentráronse na ponte de Basa de donde partiron repartidos en parellas e durante dúas horas percorreron os tramos asignados para retirar toda clase de refugallos que se encontraban esparcidos nas marxes e cauce deste río.
Retirouse unha cantidade similar a da anterior xornada, uns douscentos quilos, entre os que se encontraban maioritariamente plásticos, destacando entre estos unha antena de T.V. e unha bateria de coche. O rematar e despois de facer a foto de rigor, os participantes desplazáronse ata o Bar O Pemento de Seira, onde degustaron unha estupenda merenda, xentileza do CLUB LONDRA.
Despois das dúas citas destas VIII XORNADAS DE LIMPEZA NOS RÍOS DE ROIS, o CLUB LONDRA logo de oito anos consecutivos retirando residuos dos cauces dos ríos Rois e Valeirón, fai unha valoración moi positiva, cada vez retirase menos lixo, dada a concienciación veciñal e cada vez é maior a participación, tanto de pescadores como de amantes da natureza, sumándose ano tras ano máis persoas a estas xornadas, o cal LONDRA agradece e anima a todos para que cada vez sexan máis os que participen, para deixar esta xoia que son os ríos de Rois en perfecta armonía ca natureza que os rodea e libres de refugallos para o disfrute de todos.
Dende a Directiva do CLUB LONDRA, agradecen todas as axudas e colaboracións recibidas nestas xornadas de limpeza, tanto por parte dos socios e pescadores, de Destilerías Compostela, do Club W.LATORRE de Padrón e de Protección Civil de Rois.

lunes, 21 de febrero de 2011

VIII XORNADAS DE LIMPEZA DOS RIOS DE ROIS
















O pasado sábado 19 de febreiro levouse a cabo a primeira das limpezas programadas nestas "VIII XORNADAS DE LIMPEZA DOS RIOS DE ROIS" organizadas por oitavo ano consecutivo polo Club LONDRA. Nesta primeira xornada levouse a cabo a retirada de residuos sólidos das marxes do río Rois e a retirada de algunhas árbores que entorpecian o normal discurrir do caudal na ponte da praia fluvial de Seira.
Participaron nesta primeira xornada un total de cuarenta e tres persoas, entre eles, socios do Club LONDRA, socios do Club W. LA TORRE de Padrón, unha representación de Destilerias Compostela e membros de Protección Civil de Rois que foron os que se encargaron cos seus medios técnicos de retirar as árbores antes mencionadas na ponte de Seira.
Repartidos por grupos e o longo do río Rois, retiraron uns douscentos quilos de refugallos, maioritariamente restos de plásticos, destacando cada ano a menor presencia de lixo nas marxes do Rois o que manten este cauce con unha extraordinaria calidade medioambiental, o cal puderon comprobar todos os participantes, os cales, maioritariamente pescadores e amantes da natureza, deixaron impecables as marxes e o cauce do Rois, para o disfrute de pescadores e todos os que queiran camiñar o seu caron.
O club LONDRA, volve a valorar moitísimo a concienciación veciñal, xa que a este paso quedará casi totalmente erradicado o lixo nas marxes do Rois, por este motivo queren agradecer a toda a veciñanza esta colaboración e a posta en valor dun río que discurre polo medio das aldeas de Rois, sendo este un exemplo de limpeza e admiración para todos os que nos visitan ben para practicar a pesca deportiva ou para pasear pola ruta de senderismo que transita o seu carón.
Rematouse a xornada con unha estupenda merenda para todos os participantes no Bar O Pemento de Seira, xentileza do Club LONDRA.
O Club LONDRA de Rois, quere agradecer a todos os participantes a sua colaboración e volve a citalos para a próxima xornada, o vindeiro sábado día 26, onde se afrontará a segúnda destas xornadas, coa limpeza do río Valeirón, concentrándose ás catro da tarde na Ponte de Basa.

miércoles, 2 de febrero de 2011

Orde do 28 de xaneiro de 2011 pola que se establecen as normas de pesca nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2011

Acaba de sair publicada a Orde do 28 de xaneiro de 2011 pola que se establecen as normas de pesca nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2011. Podedes vela no apartado LEXISLACIÓN PESQUEIRA ou pinchando no seguinte link: http://www.xunta.es/dog/Dog2011.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/f843256988f97627c125782a005ea62d/$FILE/02200D013P056.PDF