lunes, 28 de febrero de 2011

VIII XORNADAS DE LIMPEZA E RETIRADA DE REFUGALLOS NOS RÍOS DE ROIS LIMPEZA DO RÍO VALEIRÓN 26-2-2011
















Este sábado levouse a cabo a segunda cita das VIII XORNADAS DE LIMPEZA E RETIRADA DE REFUGALLOS NOS RÍOS DE ROIS, organizado polo CLUB LONDRA por oitavo ano consecutivo. Nesta segunda cita afrontouse a limpeza do río Valeirón na que participaron 23 persoas, entre pescadores e amantes da natureza, contando tamén coa participación de Protección Civil de Rois. Ás catro da tarde concentráronse na ponte de Basa de donde partiron repartidos en parellas e durante dúas horas percorreron os tramos asignados para retirar toda clase de refugallos que se encontraban esparcidos nas marxes e cauce deste río.
Retirouse unha cantidade similar a da anterior xornada, uns douscentos quilos, entre os que se encontraban maioritariamente plásticos, destacando entre estos unha antena de T.V. e unha bateria de coche. O rematar e despois de facer a foto de rigor, os participantes desplazáronse ata o Bar O Pemento de Seira, onde degustaron unha estupenda merenda, xentileza do CLUB LONDRA.
Despois das dúas citas destas VIII XORNADAS DE LIMPEZA NOS RÍOS DE ROIS, o CLUB LONDRA logo de oito anos consecutivos retirando residuos dos cauces dos ríos Rois e Valeirón, fai unha valoración moi positiva, cada vez retirase menos lixo, dada a concienciación veciñal e cada vez é maior a participación, tanto de pescadores como de amantes da natureza, sumándose ano tras ano máis persoas a estas xornadas, o cal LONDRA agradece e anima a todos para que cada vez sexan máis os que participen, para deixar esta xoia que son os ríos de Rois en perfecta armonía ca natureza que os rodea e libres de refugallos para o disfrute de todos.
Dende a Directiva do CLUB LONDRA, agradecen todas as axudas e colaboracións recibidas nestas xornadas de limpeza, tanto por parte dos socios e pescadores, de Destilerías Compostela, do Club W.LATORRE de Padrón e de Protección Civil de Rois.

No hay comentarios: