lunes, 21 de febrero de 2011

VIII XORNADAS DE LIMPEZA DOS RIOS DE ROIS
















O pasado sábado 19 de febreiro levouse a cabo a primeira das limpezas programadas nestas "VIII XORNADAS DE LIMPEZA DOS RIOS DE ROIS" organizadas por oitavo ano consecutivo polo Club LONDRA. Nesta primeira xornada levouse a cabo a retirada de residuos sólidos das marxes do río Rois e a retirada de algunhas árbores que entorpecian o normal discurrir do caudal na ponte da praia fluvial de Seira.
Participaron nesta primeira xornada un total de cuarenta e tres persoas, entre eles, socios do Club LONDRA, socios do Club W. LA TORRE de Padrón, unha representación de Destilerias Compostela e membros de Protección Civil de Rois que foron os que se encargaron cos seus medios técnicos de retirar as árbores antes mencionadas na ponte de Seira.
Repartidos por grupos e o longo do río Rois, retiraron uns douscentos quilos de refugallos, maioritariamente restos de plásticos, destacando cada ano a menor presencia de lixo nas marxes do Rois o que manten este cauce con unha extraordinaria calidade medioambiental, o cal puderon comprobar todos os participantes, os cales, maioritariamente pescadores e amantes da natureza, deixaron impecables as marxes e o cauce do Rois, para o disfrute de pescadores e todos os que queiran camiñar o seu caron.
O club LONDRA, volve a valorar moitísimo a concienciación veciñal, xa que a este paso quedará casi totalmente erradicado o lixo nas marxes do Rois, por este motivo queren agradecer a toda a veciñanza esta colaboración e a posta en valor dun río que discurre polo medio das aldeas de Rois, sendo este un exemplo de limpeza e admiración para todos os que nos visitan ben para practicar a pesca deportiva ou para pasear pola ruta de senderismo que transita o seu carón.
Rematouse a xornada con unha estupenda merenda para todos os participantes no Bar O Pemento de Seira, xentileza do Club LONDRA.
O Club LONDRA de Rois, quere agradecer a todos os participantes a sua colaboración e volve a citalos para a próxima xornada, o vindeiro sábado día 26, onde se afrontará a segúnda destas xornadas, coa limpeza do río Valeirón, concentrándose ás catro da tarde na Ponte de Basa.

No hay comentarios: