domingo, 15 de septiembre de 2013

OPEN BLACK BASS 2013

O primeiro día do mes de setembro tiña lugar nos encoros de Castrelo de Miño e Frieira o Open Black Bass 2013. Como tódolos anos a expedición do noso Club foi a mais numerosa, xa que tanto polo número de practicantes que temos na pesca deste peixe, como polos resultados que se dan cada ano nesta competición, parece que o black bass fora unha especie orixinaria do Barbanza. O día presentábase expléndido e a temperatura foi subindo pouco a pouco ata acadar os 40º. Esto fixo que houbera que pelexar, non só cos peixes, senón tamén cos elementos climatolóxicos. Non importa cando se trata deste peixe. O resultado final foi, un primeiro posto en infantís, e un primeiro, terceiro e cuarto posto en seniors, o cal  significa que tres dos catro membros da Selección Galega nesta modalidade que participarán no vindeiro Campionato de España serán do  Club de pesca do Barbanza. Noraboa a todos.




No hay comentarios: