miércoles, 30 de abril de 2008

XORNADA DE PESCA EN PONTEMAZAIRA

Amigos e compañeiros todos:
Anúnciovos que o próximo sábado día 3 de Maio, teremos no couto de Furelos unha xornada de pesca. Non se trata tanto de competir, (haberá agasallos para os tres primeiros clasificados), como de compartir un día, falar da problemática pola que atravesa a pesca, etc..., ao redor dunha boa mesa. Eso sí que está garantido.
A modalidade é captura e solta, técnica libre agás cebo natural.
O río está en óptimas condicións para pescar, a culleriña, buldó, a cola, a todo. Este ano facémo-lo así, porque tivemos unha serie de problemas, alleos a nós, cos coutos.
Non temos cota de inscripción, pois os coutos son gratuitos. Só cobramos 15 euros pola comida. Pescaremos unha tanda pola mañá de 2 horas de 10 a 12 e de 12,30 a 14,30. En tramos de mais de un km. , en total 8 tramos sobre 9 kms. que ten o couto. E si alguén quere ir pola tarde, non hai ningún problema.
Lugar de encontro na praia fluvial as 9,30, para o sorteo.
Apuntarse antes do venres para avisar polo da comida, no 699176160.
Un saudo Manuel Rodriguez.

No hay comentarios: