lunes, 21 de abril de 2008

Exito total do V Campeonato de pesca fluvial de Rois


A celebración do V CAMPEONATO DE PESCA FLUVIAL DE ROIS, un ano mais foi un éxito total tanto de participación como de organización. Fallaron á cita moitas das troitas que estaban citadas, e só apareceron por alí 17 que pesaron en total 3.300 gramos. O vencedor na modalidade sénior foi Iván Gestoso Rey con 5 troitas, e na categoría de damas foi María Manuela Freire Pazos que a maiores acadou o premio á peza maior. Nos xuvenís non houbo capturas. En particular os membros do Clube de pesca do Barbanza pillamos cinco escalos, sete polas e dous paxaros, lástima que só puntuaran as troitas, senon fariámonos co podio. Aínda así acadamos un mais que meritorio 9º posto,(nós e 32 pescadores mais) Pero que lle ímos facer non se trata so de gañar, trátase de facer novos amigos, e de contar batallitas de pesca de paso que papamos un churrasco no restaurante Pardal. (No das batallitas acadamos o 2º posto con unha troita de 6 metros 27 cms.).



O tempo case nos respeta, pola mañá mollámonos un pouco con auga, e pola tarde houbo tamén molladura, pero esta un pouco mais agradable, molladura de champán de paso que se celebraba a recente creación do COUTO DE PESCA DE ROIS.

Vai pola directiva e polos membros deste grupo de pescadores que forman o Club de pesca LONDRA o noso agradecemento por deixarnos pasar un agradable día con eles, polo trato e amabilidade que nos dispensaron en todo momento, e como non, manifestarvos a nosa admiración e darvos ánimo para que sigades por este bó camiño que levades. Grazas e tédesnos para o que esté nas nosas máns.

No hay comentarios: