lunes, 27 de febrero de 2012

2º DÍA DAS IX XORNADAS DE LIMPEZA E RETIRADA DE REFUGALLOS NOS RÍOS DE ROIS














O Club de Pesca Deportiva LONDRA, levou a cabo este sábado o segundo día das IX XORNADAS DE LIMPEZA E RETIRADA DE REFUGALLOS NOS RÍOS DE ROIS, que organiza por noveno ano consecutivo, afrontando a limpeza do río Valeirón. Durante casi tres horas, uns vintecinco Socios do Clube, Bersán Automoción de Padrón e voluntarios, así como membros de Protección Civil de Rois, repartironse o longo do cauce do río Valeirón para retirar todo e canto non lle corresponde por natureza estar nas marxes e no cauce do río.
Retiraronse uns trescentos kilos de refugallos, onde cabe destacar varios neumáticos e unha batería de coche, sorprendendo esto ós participantes polo lugar pouco transitable donde se encontraron estos residuos, o cal indica que foron levados o lugar por algún desaprensivo intencionadamente, o cal nos parece intolerable a estas alturas, onde os ríos estan baixos de caudal e calquera alteración no medio ou introducción neste de calquera obxeto contaminante, afecta gravemente a biodiversidade do lugar e do río, máis aínda cando existen puntos limpios para depositar esta clase de residuos.
Os participantes manifestaron a súa preocupación pola escasez de choiva o que acarrea un baixo nivel dos ríos, aínda que mostraron a súa satisfacción pola saúde das suas augas e a fauna piscícola que estas albergan, esperando xa con ansia o comenzo da tempada troiteira e disfrutando das fermosas paraxes que este tramo do Couto de Rois atesoura, especialmente o tramo que se encontra incluido dentro da Rede Natura, onde os muiños restaurados deixan o descuberto parte da etnografía do lugar.
Como de costume, o rematar os traballos, e coa satisfación un ano máis de facer un traballo digno, sobre todo para a conservación do Couto de Rois, os participantes degustaron unha merecida merenda na Taberna O Pemento de Seira, xentileza do Club organizador, que agradece a todos os participantes e o seu compromiso coa natureza de Rois e colaboración dos medios de comunicación que difunden as actividades que este Club realiza o longo do ano.

No hay comentarios: