domingo, 27 de octubre de 2013

GERARDO OROL CASTRO CAMPIÓN GALEGO 2013 NA MODALIDADE DE MAR COSTA.

O Club está novamente de noraboa, onte tiña lugar na praia de Laxe o Campionato Autonómico na modalidade de mar-costa 2013. Estivemos representados neste campionato polos dous clasificados no provincial,  Gerardo Orol e David Barreiro os cales ían a defender os nosos intereses na praia. Ó remate da primeira manga os resultados eran alentadores, un segundo posto na xeral para Gerardo e un 14 para David, deixaban moitas esperanzas de cara á segunda manga. A segunda manga ainda foi mellor, pois Gerardo acadou un primerio posto na manga e David facíase co posto 11. O resultado final Gerardo 1º clasificado na xeral, convertíndose no Campión Galego na modalidade, e David acadaba un meritorio 13 posto na xeral.
Este novo título para Gerardo,  e para o  Club de pesca do Barbanza, non  fan mais que pechar un ano,  que ata o de agora na nosa pequena historia  poderiamolo calificar de excepcional por todo o que nel acadamos. Noraboa a todos.
                                                


No hay comentarios: