viernes, 15 de abril de 2011

4º CAMPIONATO SOCIAL MAR-COSTA 2011




















ALGUNHAS ACLARACIONS
Para os que non estiveron no anterior social, propúxose facer o campionato con algo de noite, pois o de Razo foi todo o tempo de día. (é por esto o cambio de horario)

Os que non se anoten no prazo, NON PUNTUARÁN NO SOCIAL (Esto tamén se falou na cea posto que a xente anótase fora de prazo e se o fai un non pasa nada, pero últimamente eran “moitos uns”, e así para organizar é un lio). Asi que, hai que anotarse DO 25 DE ABRIL O 1 DE MAIO CHAMANDO A: José Manuel 646477118, David Barreiro 659768274 ou Pilar Rey 686103921. (Se enviádes un correo electrónico eu contesto para que sepades que recibín o correo e que estades anotados, pero recordade indicar nome e apelidos, que eu non teño as direccións de correo da maioria).

A concentración é ás 18:00h. no Bar Praia da Serra, en LANGOSTEIRA. Para o sorteo de postos, prégase puntualidade dado que pode haber cambio de praia. Se non están os participantes unha man inocente sacará o seu número.
A DELEGADA DE MAR
Pilar Rey Silva.

No hay comentarios: