jueves, 15 de mayo de 2008

CURSO DE MONITORES DA FEDERACIÓN GALEGA DE PESCA

Estimado pescador/a federado:

Como ben sabes xa para o ano 2007 estaba programado un curso de monitores de pesca por esta federación. Este ano para o final da temporada: outubro ou novembro, unha vez rematada a tempada, faremos por fin o curso.
Como saberedes, a materia do curso está divida en dous bloques principais: un materia común e outro de materia específica. Como queira que nestes dous últimos anos houbo uns avances nas competencias para Galicia sobre titulacións deportivas e de cara a conseguir unha maior validez para o voso título futuro, achegámosvos a información remitida pola Dirección Xeral para o Deporte sobre a materia común e que literalmente di: "Curso gratuíto e válido para continuar os estudos e obter a titulación de Adestrador de Nivel I en calquera das disciplinas deportivas recoñecidas polas federacións galegas salvo aquelas que xa teñen regulamentado os seus estudos en centros oficiais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria o en centros de titularidade federativa ou privada dos seguintes deportes : Atletismo, Baloncesto, Balonmán, Deportes de Inverno, Deportes de Montaña e Escalada, Fútbol e Fútbol Sala.".
Polo tanto adxuntamos documentación para que nola remitades anteriormente ao día 20 de maio ao enderezo federativo para pòder facer as previssións oportunas para a segunda parte das ensinanzas da materia común e poder inscribir aos futuros monitores da Federación Galega de Pesca.

http://www.deportegalego.es/programas/programa.php?id=programa_16&lg=gal

No hay comentarios: