lunes, 19 de mayo de 2008

REMATE DA SINALIZACIÓN NO COUTO DE PESCA DO RIO FURELOS



A Asociación de Troiteiros "Río Furelos" vén de rematar a sinalización completa do couto de pesca do Río Furelos, para o que se procedeu á substitución dos sinais que se atopaban en mal estado e á reposición dos que faltaban cun custo total de 650,00 € a cargo dacitada Asociación e a maiores engadíronse outros ao longo do traxecto. Merece especial mención por ser de maior tamaño, o sinal de situación que se colocou na Praia Fluvial de Furelos. Para o vindeiro ano esta asociación ten previsto colocar estes sinais situacionais en cadansúa ponte. Ao mesmo tempo estamos a cooperar no Proxecto Ríos coordinado en Galicia por Adega. Consideramos imprescindible colaborar neste proxecto de concienciación medioambiental e participación cidadá como unha forma activa de defender e na medida do posible mellorar os nosos ríos. Seguimos para iso o procedemento e as pautas marcadas polos directores do proxecto para a recollida de mostras e estudio das árbores e da etnografía que nesta ocasión escollemos o treito do couto que vai dos Pasais de Pereiros ata a Ponte da Pedra na campaña de primavera.

No hay comentarios: