lunes, 19 de mayo de 2008

O CLUB LONDRA NO VII OPEN AUTONOMICO DE PESCA FLUVIAL. "MEMORIAL MANOLO ROUCO" LUGO.


Este fin de semana o Club de pesca Deportiva LONDRA participou no VII OPEN AUTONOMICO DE PESCA FLUVIAL disputado no río Miño nas instalacións do Club Fluvial de Lugo e organizado pola Sociedade A Venatoria de Lugo. Dez pescadores de Rois, os mais cativos do Clube LONDRA das categorias alevín, infantil e xuvenil participaron neste evento de ambito autonómico no que diversas sociedades de todo Galicia aportaron un total de 60 pescadores.O Clube Londra volveu a destacar, xa non solo destaca nas categorías superiores senon que os mais novos do Clube destacanse nas súas categorias, obtendo na súa totalidade sendos trofeos e regalos pola súa clasificación, asegurando así o futuro da pesca deportiva deste Clube.O Clube Londra destaca a labor pedagoxica que nestes últimos anos se fixo cos mais cativos do Clube, como cursiños de iniciación a pesca e introducción no medio natural que rodea o río. Labor pedagoxica que se levou a cabo co obxetivo de que estes rapaces valoren a riqueza que teñen os ríos, sobre todo os que cursan polo Concello de Rois e co afan de promocionar a pesca deportiva entre eles. Estes rapaces levan demostrando que non perderon o tempo e que aproveitaron as horas que adicaron a estos cursiños demostrando esto na práctica da pesca cos exitos deportivos que acadan o longo da xeografia galega dando a coñecer o Concello de Rois. Estos teñen a próxima cita o vindeiro domingo en Pontecaldelas no XLII CAMPEONATO INTERNACIONAL DE PESCA FLUVIAL desta Vila pontevedresa no que participaran equipos de toda España e de Portugal. Noraboa para todos eles.

No hay comentarios: