martes, 13 de mayo de 2008

Nota de prensa da Asociación de Troiteiros Rio Furelos sobre a confirmación de que hai LAMPREAS no encoro de Portodemouros

A Asociación de Troiteiros "Río Furelos" pasa dos indicios ás próbas.

Nesta tempada de pesca viñéronse sucedendo noticias illadas e sorprendentes transmitidas por algúns troiteiros no sentido de que sacaban troitas de distintos tramos do embalse de Portodemouros con marcas características de ter adheridas na pel unha Lamprea. É sabido que a lamprea é un animal acuático vermiforme de pel visgosa que vive a costa de zugar o sangue doutros animais acuáticos utilizando a súa boca especialmente adaptada para a succión. As lampreas que habia en Galicia facían o percorrido do mar aos ríos para desovar. A construcción de encoros dificultou, pois a reprodución das lampreas, por non poderen desovar máis arriba das inmensas paredes dos pantanos.
Como explicar pois, estes indicios de existencia de lampreas máis arriba do salto de Portodemouros? Desde que se produciron estas novas, a asociación de troiteiros deu a voz de alerta aos seus asociados e por fin os indicios convertéronse en probas. Tíñamos sacado troitas coa marca característica de estar embutadas pola lamprea, deu o aviso Pepe Casal sacando unha pequena de 15 cm. Este pasado 11 de maio as 18:30 Carlos Lamas Rodríguez, cando estaba pescado acompañado por outros socios no lugar de Veigondo, non saía do seu asombro, ao ver que a troita de 45 cm que acababa de pescar de quilo e medio de peso traía adherida á súa pel unha lamprea de 26 cms. de lonxitude. O presidente da citada Asociación Xavier Pazo xa se puso en contacto co profesor D. Fernando Cobo, quen solicitou a conservación dos ejemplares (troita e lamprea) para ser examinados polo seu equipo de expertos na materia. Quedamos á espera das súas conclusións, aínda que moito nos tememos que como noutros lugares do mundo, as lampreas que agora hai no encoro de Portodemouros despois de 40 anos construido non son lampreas mariñas, senón xa lampreas de auga doce. Os estudos son os encargados de sacarnos desta dúbida.


Melide, 12 de maio de 2008

No hay comentarios: