
Ola
Xuntamos información dunha saída formativa que van facer en PONTEVEDRA, POR SI VOS QUEREDES APUNTAR.
Inspección de Primavera de ADEGA-Pontevedra no río Almofrei
Seguindo co seu compromiso de inspección do río Almofrei, a correspondencia de ADEGA na comarca de Pontevedra ten previsto facer unha saída de análise biolóxica seguindo o calendario establecido desde o Proxecto Ríos.
Día: Sábado 31 de Maio de 2008; hora: 16:30; lugar: Ponte Bora (xunto á ITV).
De aí iremos en coches particulares a Caroi (Cotobade) para realizar a primeira inspección e, se a xente anímase e o tempo permíteo, iremos a Bora a facer unha segunda inspección. Contaremos coa participación de María Lafuente, da equipa de Educación Ambiental de ADEGA.
INSCRICIÓN E MAÍS INFORMACIÓN NO TELÉFONO 676 08 84 86 (Manuel Fortes) OU NO MAIL fortesbesada@hotmail.com
Nota: a participación é aberta e de balde a tódalas persoas que o desexen. Recoméndase levar botas de auga e roupa de reposto.
Organiza: ADEGA-PONTEVEDRA
un saúdo Virginia Rodríguez Álvarez Coordinadora do Proxecto Ríos
Travesa de Basquiños, 9 Santiago de Compostela
teléfono: 650261283
viqui@adega.infowww.proxectorios.org
No hay comentarios:
Publicar un comentario