jueves, 18 de junio de 2009

MARTIN SECO VELO DO CLUB LONDRA DE ROIS, NA SELECCIÓN GALEGA XUVENIL DE SALMÓNIDOS MOSCA


No Clube LONDRA de Rois acabamos de levar unha gran alegria que nos enche de satisfacción e nos anima a seguir traballando, si cabe aínda máis. O pasado mes celebrouse no río Neira en Láncara, provincia de Lugo o Selectivo Xuvenil de Salmónidos mosca, previa convocatoria da Federación Galega de Pesca, Martín Seco Velo acudeu a este Selectivo para optar a ocupar unha das duas prazas vacantes na Selección Galega. Logo das probas pertinentes feitas polo Seleccionador, comunicouselle a o Club Londra que Martín Seco Velo fora seleccionado para ocupar unha das prazas vacantes na Selección Galega Xuvenil de Salmónidos Mosca. Martín que conta con 14 anos de idade e con xa unha ampla experiencia nesta modalidade de pesca, levou a alegria da súa vida xunto coa Directiva e Socios do Clube LONDRA, ós cales enche de orgullo contar con un socio na Selección Galega e máis sabendo que este rapaz empezou a pescar con nós, saíndo da extensa canteira que ten este Clube. Os días 26, 27 e 28 de xuño disputará en Valencia xunto con outros catro compoñentes desta Selección, o Campeonato de España da modalidade no río Turia, para o cal xa se está a adestrar e se concentrará este fin de semana en Lugo co resto dos seus compañeiros. E de destacar que Martín non é o único da comarca do Sar, outro rapaz, Julio Fernández Martín do W.LATORRE de Padrón tamén forma parte desta Selección por segúndo ano consecutivo e no que tentará revalidar o título de Campeón de España por equipos que consigueu o pasado ano. Polo tanto a comarca do Sar estará ben representada en Valencia por estes dous rapaces que sen dúbida deben ser o espello dos que veñen por detras en ambos Clubes, que ano tras ano colaboran entre eles en diversos eventos relacionados coa pesca deportiva.
A pesca deportiva nesta comarca xa conta con deportistas, xuvenís pero de élite, que adican parte do seu tempo libre a pescar e a estar en contacto coa natureza, hábito enriquecedor e saúdable.
O Clube Londra agradece a colaboración desinteresada de Rafael De La Iglesia por acceder a formar e adestrar a Martín Seco Velo, o cal lle inculcou todo o seu saber no arte da pesca con cola de rata, convertíndose no seu adestrador particular.
Soio nos queda desexarlles toda a sorte do mundo e que nos deparen a alegria de ser campeóns de España e dende logo que disfruten do momento.

No hay comentarios: