lunes, 1 de junio de 2009

ALBA CASTRO BELLO, DO CLUB LONDRA DE ROIS, GAÑA O CAMPEONATO INTERNACIONAL DA XLIII FESTA DA TROITA DE PONTECALDELAS NA CATEGORIA DAMAS


Un novo éxito do Club LONDRA de Rois, Alba Castro Bello, 1ª clasificada no Campeonato Internacional de Pesca da XLIII festa da Troita de Pontecaldelas.
Celebrouse este pasado domingo día 31 de maio na Vila Pontevedresa, con unha temperatura que superaba os 30 graos e con poucas capturas, aínda que cabe mencionar que na xornada do sábado en categoría Veteráns se capturou unha troita de 3,250 kg de peso. Alba Castro Bello que xunto a María Manuela Freire Pazos siguen a dar alegrias a este Clube e demostrando unha vez máis a súa destreza no arte da pesca con culleriña. Destacar esta victoria de Alba dada a alta participación e nivel das participantes, pois este concurso ten caracter internacional e nel participan, ademais de equipos de todo Galicia, outros chegados dende Portugal o cal dá a esta victoria mais mérito, pois contan con máis medios materiais, técnicos e sociais que o Club LONDRA, detalles que con adicación, destreza e constancia foron superados por esta deportista que con 18 anos recén cumpridos ten unha traxectoria ascendente moi notable.

Seguiron a Alba Castro Bello na clasificación, outras duas pescadoras galegas, Angeles Torres Charlín do Clube Mar de Arousa e Arantxa Esperón Rivera da Sociedade Verdeseixo, ocupando a segúnda e terceira posición respectivamente.

Dende o Clube LONDRA danlle a noraboa a Alba por esta victoria e agradecen o esforzo realizado polos restantes participantes deste Clube nas diversas categorias nas que participaron.

No hay comentarios: