martes, 29 de julio de 2008

Social de salmónidos mosca do Club de pesca deportiva LONDRA


O pasado sábado 26 de xullo, celebrouse no couto de Rois, o selectivo social de pesca a mosca do Club de Pesca Deportiva LONDRA. Este couto que ten consorciado este Clube, sirveu como esceario da proba, disputándose esta en dúas mangas de dúas horas cada unha delas. Aínda que o Club LONDRA tiña concedido os catorce permisos dos que dispon o couto, é decir, a totalidade dos permisos para ese día e a pesca se podía facer con morte, os participantes e a directiva do Clube decidiron que a proba se disputara na modalidade de pesca sen morte, devolvendo todas as capturas ó seu medio natural.
A concentración tivo lugar no Bar O Chapuzón, ó carón da praia fluvial de Seira ás 16:00 horas. Despois dos pertinentes sorteos de postos e mangas entre os participantes, ás 17:00 horas, douse comenzo a proba.
O río presentouse, como e habitual, difícil de pescar polas súas augas cristalinas, onde calquer movemento pon en alerta as pintonas que habitan neste couto, o que puxo a proba, ademais da destreza no manexo da cola de rata, a sixilosidade e pericia para moverse nestas augas por parte dos participantes, que durante dúas horas tentaron enganar a unha máis que notable poboación piscícola.
Desenrroláronse as dúas mangas sin ningún incidente a destacar, sacando algún que outro baño ó tratar de recuperar algunha das moscas que se pousaran nas ramas colindantes do río, transcurrindo a proba con total normalidade.
Rematada esta as 21:00, os pescadores terían 30 minutos para presentar as plicas no Bar Liñares, onde se entregaron os premios e se degustaron uns pinchos.
Na clasificación final cabe destacar o terceiro posto do xuvenil de primeiro ano Martín Seco Velo, que con tesón e habilidade, aproveitando todolos recunhos do tramo que lle había tocado en sorte, logrou facerse con este meritorio posto, desplazando, e deixando en evidencia as vacas sagradas deste Clube nesta modalidade deportiva como son Manuel Cristobo e Iván Gestoso, que con varias capturas que non lle acadaron a talla mínima estipulada, capotearon nesta xornada.
A clasificación final foi a seguinte:

1º. RAFAEL DE LA IGLESIA GOMEZ. con 1.360 puntos.
2º. JOSE RAMÓN SUAREZ BARREIRO. con 872 puntos.
3º. MARTIN SECO VELO. con 437 puntos
4º. ANTONIO GESTOSO MIGUENS. con 435 puntos.

No hay comentarios: