martes, 29 de julio de 2008

O RÍO CATASOL ASOLAGADO POR UN NOVO DESASTRE


Os membros da asociación de Troiteiros "Río Furelos" non saímos do noso asombro ante a nova desfeita ocorrida no río Catasol. Entre as 9,30 e as 10 da maña deste luns, 28 de agosto, un camión cisterna cargado con 7000 ou 8000 kilos de alcatrán CR2 precipitouse ao río Catasol a uns catro quilómetros da súa desembocadura no río Furelos. Zona esta que xa fora afectada pols vertidos de zurro procedentes dunha explotación gandeira de porcino e denunciados por esta mesma asociación.O camión permaneceu varias horas envorcado no río, ante o asombro e impotencia dos que alí estabamos, debido á ausencia do seu conductor e de ningún responsable da empresa que permitisen manipular o camión. Finalmente tivo que vir un guindastre especial dende Lugo para proceder á súa retirada, que non se producíu ata pasadas as catro da tarde.A Garda Civil de Melide, a Garda Civil de Tráfico Atestados, representantes de Medio Ambiente, a Alcaldesa de Melide, o Concelleiro de Medio Ambiente, Protección Civil, Augas de Galicia, os Bombeiros de Arzúa..., todos foron testemuñas directas da gravidade do vertido. Tamén estiveron tomando boa nota do sucedido os Medios de Comunicación que foron avisados por membros da nosa Asociación.Retirado o camión nunha góndola e o depósito da cisterna nunha bañera unha vez autorizado pola Garda Civil de Tráfico, puido comprobarse que practicamente case a totalidade do seu contido de alactrán, uns 7000 kilos, quedaron no leito do río. Ao tratarse dun elemento altamente contaminante e espeso, deposítase no leito e na flora do río, nas raices, nas beiras e rocas..., ao tempo que se vai descompoñendo en pequenas manchas oleaxinosas que son transportadas pola corrente.Pola súa gravidade, e para minimizar o impacto do vertido, as autoridades tomaron como primeira medida de urxencia, instalar tras barreiras de pacas de herba seca, parte das cales foron cedidas por membros da Asociación de Troiteiros entre o punto do vertido e a desembocadura no río Furelos a modo de filtro das augas. Estas barreiras foron instaladas pola tarde, cando parte do material contamiñante xa discorrera río abaixo causando mortaldade de troitas (recollemos máis de setenta e mañá aparacerán máis).Tamén foi avisado o concello de Santiso para que nos próximos días tomen mostras da uga na súa praia fluvial da Cornella por se detectasen elementos contamiñantes no Ulla que desaconsellen o baño. Os técnicos de Medio Ambiente, non obstante, consideran necesario levar a cabo unha limpeza total e minuciosa da calnle do río, que agardamos se faga á mairor brevidade posible.Se no vertido do ano pasado era evidente a intencionalidade, neste caso so aparentemente se trata dun desgraciado accidente. Porque todo parece indicar que estamos ante un acto de neglixencia, presuntamente realizado pola empresa subcontratada para o asfaltado. O camión cisterna, entre outras cousas, non pasara a ITV, tiña as rodas en moi mal estado e parece ser que só podía ser trasladado por medio de góndolas. Por iso, falamos de posible neglixencia e pedimos que se depuren as responsabilidades se as houber.
Melide, 29 de xullo de 2008
Asdo: Xavier Pazo

No hay comentarios: