martes, 23 de septiembre de 2008

CAMPEONATO AUTONÓMICO EMBARCACIÓN FONDEADA






Voltamos a empregar o calificativo de "excepcional" para o desenrolo do Campionato Autonómico de Embarcación Fondeada celebrado o pasado domingo 21 de setembro nas augas de Ribeira. Organizado magníficamente pola Federación Galega de Pesca, polos compañeiros do club W.LATORRE e a sociedadade AMIGOS DO MAR DE SALVORA. Non faltou ninguén á cita, o tempo respetounos, os peixes apareceron, e a comida e a bebida sobraron.
Unha vez realizado o pesaxe resultou Campeón Juan Carlos Del Valle Alcántara do Náutico de Arcade, con un total de 25.360 puntos, do barco “A Fanuda” patroneada por Arturo, seguido de Manuel Ángel Ríos Pérez do clube W.Latorre con 20.640 puntos no barco “Misil” patroneado por el mesmo e o terceiro clasificado foi Manolo Calvete de Róbalo con 18.150 puntos no “Carana I” patroneada por Carlos.
O barco que mas peixe troixo foi o “Misil” patroneado por Manolo.
Xa rematado o tema pesqueril pasouse á comida no propio restaurante do Club Náutico de Ribeira onde se propuxeron os desafios para a vindeira ocasión e cada cal explicou á sua maneira o porqué non foi o primeiro tal é como se ve nesta foto.
Poderedes saber mais próximamente no programa da TVG "Couto Vivo"

No hay comentarios: