jueves, 26 de junio de 2008

Seminario de PROTOCOLO DEPORTIVO

Lugo, 17 de xuño de 2008

Estimad@ amig@:
No marco dos Cursos de Verán 2008 da Universidade de Santiago de Compostela (http://www.usc.es/cultura/cverao08.htm), a Fundación Azkar e a Vicerreitoría de Cultura organizan un Seminario de PROTOCOLO DEPORTIVO. Terá lugar os días 18, 19 e 20 de xullo no Centro de Desenvolvemento Comarcal de Mondoñedo. Conta coa colaboración da Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a Fundación Deporte Galego, a Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo e do Concello de Mondoñedo.
Este seminario está aberto a todas as persoas interesadas na organización de actividades deportivas, É de especial utilidade para responsables en política e xestión deportiva local, xerentes e xestores deportivos de concellos, responsables de federacións deportivas, directores deportivos e xerentes de clubs, directores de comunicación e xefes de protocolo, licenciados en ciencias do deporte e da educación física (INEF) e técnicos e estudantes universitarios.
O devandito curso está en trámite de ser homologado pola Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia. Para os estudiantes da USC, valídase por un crédito de libre configuración.

O importe da matrícula é de 70€ (taxa xeral) ou de 40€ (taxa reducida aplicable a estudantes de calquera universidade, persoas desempregadas e PDI e PAS da USC). A mesma, pode ser formalizada a través de internet no enderezo: http://www.usc.es/cultura/cveran08.htm#MONDOÑEDO, ou de forma presencial, a partir do 11 de xuño, nos seguintes centros:
Campus de Compostela Campus de Lugo
Secretaría dos Cursos de Verán Secretaría dos Cursos de Verán
Vicerreitoría de Cultura Colexio San Xerome Área de Cultura do Campus de Lugo
Praza do Obradoiro s/n Praza Pío XII, 3
Tf.: 981 563100, ext.: 11018 e 11103 Tf.: 982 285900, ext.: 21513

Para calquera información poden dirixirse aos centros antes sinalados ou ben á:
Área Social e Institucional Fundación Azkar
areasocial@pronelugoad.com
tf.: 699 474 160; fax: 982 209 639
Desexando que o antedito seminario sexa de interés para vostede e isa entidade, reciba un cordial saúdo.
Eugenio A. Rodríguez Núñez M. Alberto Fernández Fraga
DIRECTOR DO CURSO SECRETARIO DO CURSO
Universidade Santiago de Compostela Fundación Azkar

No hay comentarios: