viernes, 6 de junio de 2008

NOVA DATA PARA O PROVINCIAL DE SALMÓNIDOS MOSCA

Amigos Presidentes e pescadores.
Por mor da moita auga que levaban os ríos, vímonos obrigados a modificar o calendario de competicións aprobado no seu día e comunicado os clubs.
Quedando como segue, día 15 de xuño reservado para o Autonómico de Mosca, pasan a facerse nesa data os Provinciais de mosca, e o día 20 de xullo o Autonómico de Mosca. O resto do calendario non se modifica e podedes consultalo na páxina
http://www.fgpesca.org/
En consecuencia o próximo día 15 farémolo Provincial de Salmónidos Mosca no Couto de Chaian Río Tambre.
Para novos participantes baixas ou modificacións abrimos un prazo hasta o mércores día 11 a partir desa data non se aceptarán novas incorporacións, podendo modificarse os membros do equipo ata o día da proba, aínda que non é o desexable.
Sentimos que o tempo non nos axudase neste caso.
Un cordial saúdo.
Félix Rodil

No hay comentarios: